31/03/11

O COAG premia as mellores obras galegas

Tal e como podemos ler na Voz de Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia deu a coñecer o resultado dos seus premios anuais. Neste pdf coa acta do xurado poderedes acceder a todas as obras premiadas mesmo cunha fotografía de cada unha. A salientar, unha vez máis, o recoñecemento que teñen Creus e Carrasco. Parabéns


A Fotografía, de INICIARTE, como case sempre, correspóndese co Primeiro Premio de obras de Nova Planta: Casa Mercedes de Creus e Carrasco na coruñesa Avenida da Habana.

30/03/11

Catedral de Santiago: esculturas barrocas do Obradoiro


Iniciarte tenvos falado bastante da Catedral de Santiago, mesmo dos seus tellados, así como da súa fachada occidental, a do Obradoiro. Imos ver hoxe algo máis da mesma.


Os elementos decorativos da fachada de Fernando de Casas Novoa artéllanse cara aos lados ao tempo que nun senso ascendente, establecendo unha composición racional e rexeitando a materialidade do peso dos corpos ante a acentuada expresión aérea da verticalidade das liñas.


Segundo o historiador catedralicio, López Ferreiro o programa escultórico da fachada do Obradoiro consta das seguintes pezas: Presidindo o conxunto atopamos, no centro do arco de trunfo construído por Casas Novoa, un camarín aberto coa estatua do apóstolo Santiago vestido de peregrino que recibe a homenaxe dos monarcas. Máis abaixo temos a urna sepulcral do mesmo personaxe, rodeada por unha coroa de anxos e sinalada por unha estrela radiante. Aos seus lados, noutros camaríns, agora pechados, os discípulos do apóstolo santo Atanasio e santo Teodoro. A fachada apóiase sobre dous contrafortes cadrados que se atopan coroados cada un por dúas estatuas, as de santa Susana e san Xoán Evanxelista no norte e Santiago Alfeo e santa Bárbara no sur.













Como o mestre Casas Novoa, deseñador da fachada e do seu programa iconográfico, coñecía ben a importancia da pintura como elemento decorativo ademais de axudar a chamar a atención sobre determinados elementos, dispuxo que estas esculturas foran pintadas e douradas nas partes convenientes incluída a urna sepulcral do apóstolo.


Os corpos curvos que unen xenialmente as torres co novo corpo deseñado por Fernando de Casas están decorados por dúas volutas colosais, en solución harmoniosa co glorioso estilo de placas de Simón Rodríguez, sobre as que se desenvolven trofeos militares como bandeiras, armaduras ou cascos que foron interpretados por Chamoso Lamas como elementos representativos da advocación a Santiago do templo catedralicio en canto “defensor almae Hispaniae”.

Segundo Couselo Bouzas, os autores destas obras serían Gregorio Fernández (non confundir co escultor dos séculos XVI e XVII), Antonio Vaamonde, Xoán Francisco Fernández e Xosé Gambino. Iniciarían o seu labor en torno ao ano 1745. O principal executor da policromía foi Xoán Antonio García de Bouzas. A fachada foi concluída o 28 de febreiro de 1750, uns meses despois da morte do seu deseñador quen recibiran sepultura nunha das capelas catedralicias, na do Sancti Spiritus.














Fotos de Iniciarte.

29/03/11

Felipe IV: un novo "velázquez" no Metropolitan

Noticia publicada hai uns meses por El País:

A colección do Museo Metropolitan de Nova York conta desde onte con seis (e non con cinco) lenzos de Velázquez. O conservador de pintura europea, Keith Christiansen, e o restaurador xefe, Michael Gallagher, fixeron públicas as súas investigacións en torno ao retrato de Felipe IV que durante máis de tres décadas fora atribuído ao taller do mestre sevillano, pero non ao seu maxistral pincel.

"Ábrese unha nova fiestra sobre o traballo do pintor", di o restaurador.

A proba definitiva chegou tras unha viaxe a Madrid para un estudo.

O cadro, realizado en 1624 cando o monarca contaba con 19 anos, foi doado como un velázquez á colección do Metropolitan en 1913 polo prominente comerciante neoiorquino e destacado coleccionista Benjamin Altman. En 1973 o museo decidiu atribuílo ao seu taller. A pintura fora mal restaurada en 1913 por encargo do marchante Joseph Duveen, famoso pola súa afección a alentar aos restauradores a repintar e suavizar os tons para que os cadros parecesen máis serios, e fosen deste xeito máis do gusto do mercado, máis vendibles. Os engadidos que fixeron ao retrato de Felipe IV antes de que fose doado ao Metropolitan afastaban a obra do estilo de Velázquez. Tanto, que arroxaban serias dúbidas sobre a súa autoría.
Case un século despois, desde principios do outono de 2009, Michael Gallagher retirou con sumo coidado esas capas de verniz amarelado, así como os engadidos. "O cadro estaba especialmente danado", explica en conversación telefónica. "Foi restaurado no século XVIII e logo a principios do século XX. Os negros estaban especialmente en mal estado". O traballo de limpeza e restauración logrou convencer aos expertos, incluído ao recoñecido especialista Jonathan Brown, que declarou a The New York Estafes que aínda que o cadro sufriu perdas "o que queda é de Velázquez".
Gallagher terminou de limpar o lenzo o pasado mes de xaneiro e foi entón cando comezaron os estudos que lograron determinar a autoría da obra. A similitude das formas do cadro do Metropolitan cun retrato de busto do rei pertencente ao Museo Meadows de Dallas foi o primeiro signo alentador nun arduo proceso no que o entusiasmo dosificouse con precaución.
A proba definitiva chegou tras unha viaxe a Madrid para levar a cabo un minucioso estudo do retrato oficial do rei pertencente á colección do Museo do Prado. O estudo de raios X ao que se someteu a este cadro mostraba que había outro retrato anterior do monarca no mesmo lenzo. Ese retrato oculto coincide co do Metropolitan. Os expertos do museo aseguran que o retrato de Felipe IV que se atopa en Nova York é unha copia que realizou, asinou e cobrou o propio Velázquez -existe un recibo do pintor por esta obra- a partir do retrato orixinal sobre o que repintó. O retrato do Prado procede da colección real e polo tanto foi o retrato oficial do rei. O pintor usou un estilo máis fluído e logrado na última versión.
"A atribución deste cadro a Velázquez expón novas preguntas e abre unha nova fiestra aos métodos de traballo do pintor e o funcionamento do seu taller", explica Gallagher. O ano pasado o Metropolitan tamén atribuíu a Velázquez outra das obras da súa colección, Retrato dun home. Aínda quedan polo menos dous lenzos máis na colección que parecen proceder do taller de Velázquez. Cabre preguntarse se haberá novos descubrimentos. "O museo aclarou dúas incógnitas e polo momento non hai plans de estudar o resto dos cadros do taller", conclúe Michael Gallagher.

28/03/11

Sen comentarios (XXVI): escaleira mecánica?

Isto si que é aparentar. Fixádevos ben, semella, pero non é,unha escaleira mecánica. Impresionante, non si?


Visto en Arq-2.

27/03/11

Catedral de Santiago: abertas as súas escavacións

A Catedral de Santiago abrirá ao público as súas escavacións. O conxunto de escavacións arqueolóxicas vai desde a muralla romana que pechaba o recinto ata unha necrópole.


25/03/11

Arte e Literatura: Velázquez. Retrato de don Juan de Austria.

No último Premio Planeta podemos ler:

"Velázquez pintó el retrato de Don Juan de Austria a la misma edad que tiene el inglés que lo contempla sobrecogido. En su día formaba parte de una colección de bufones y enanos destinada a adornar las estancias reales. Que alguien pudiera encargar a un gran artista los retratos de estos seres patéticos para luego convertir los cuadros en objeto preeminente de decoración puede resultar chocante en la actualidad, pero no debía serlo entonces y, en definitiva, lo importante es que el extraño capricho del Rey dio origen a estas obras tremendas. A diferenccia de sus compañeros de colección, el individuo apodado Don Juan de Austria no tenía empleo fijo en la corte. Era un bufón a tiempo parcial, contratado ocasionalmente para suplir una ausencia temporal o para reforzar la plantilla de enfermos, idiotas y dementes que divertían al Rey y a sus acompañantes. Los archivos no conservan su nombre, sólo su mote extravagante. Equipararlo al más grande militar de los ejércitos imperiales e hijo natural de Carlos V debía formar parte del chiste. En el retrato, el bufón, para hacer honor a su nombre, tiene a sus pies un arcabuz, un peto, un casco y unas bolas que podrían ser balas de cañón de pequeño calibre; su vestimenta es regia, empuña un bastón de mando y se cubre con un sombrero desmesuradamente grande, ligeramente torcido, rematado por un vistoso penacho. Estas prendas sustuosas no encubren la realidad, sino que la ponen de manifiesto: de inmediato se advierte un bigotazo ridículo y un ceño fruncido que, con unos siglos de antelación, le asemejan un poco a Nietzsche. El bufón ya no es joven. Tiene las manos recias; las piernas, en cambio, son delgadas e indican una complexión frágil. La cara es en extremo enjuta, los pómulos prominentes, la mirada esquiva, desconfiada. Para mayor burla, detrás del personaje, a un lado del cuadro, se entrevé una batalla naval o sus secuelas: un barco en llamas, una humareda negra. El auténtico don Juan de Austria había mandado la escuadra española en la batalla de Lepanto contra los turcos, la más grande gesta que conocieron los siglos, en palabras de Cervantes. La batalla del cuadro no queda clara: puede ser un fragmento de realidad, una alegoría, un remedo o un sueño del bufón. El efecto pretende ser satírico, pero al inglés se le nublan los ohjos al contemplar una batalla descrita con una técnica que se adelanta a toda la pintura de su época y que utilizá Turner con el mismo fin".

Eduardo Mendoza. Riña de gatos. Madrid, 1936. Barcelona, Planeta, 2010, páx. 20 e 21. Créditos da imaxe. Biografía de Diego Velázquez, comentario sobre o cadro e información sobre as distintas ubicacións do cadro.

23/03/11

Inaugurada a intervención no dolmen de Dombate

Preto de tres millóns de euros e 22 anos de xestións, deseños e trámites converteron a Dombate nun dolmen único en España e probablemente en todo o mundo. A primeira fase do proxecto de posta en valor do megalito cantado por Eduardo Pondal e por Antonio Muñoz Molina inaugurouse onte. Fíxoo o presidente da Deputación Salvador Fernández Moreda, o mesmo que en 1989 puxo a rodar a idea, que despois pasou polas mans doutros dous responsables provinciais.
Se Dombate xa era único polas súas pinturas e pola súa monumentalidad, o diñeiro gastado e o tempo empregado na súa protección terminaron por convertelo nun símbolo de que «a vontade e a determinación triunfan sempre sobre as adversidades», como sinalou o propio Moreda na súa intervención. Ademais, o megalito é o único en Galicia que ten o seu propio centro de interpretación, un edificio que podería ser o punto de partida para o Parque Arqueolóxico do Megalitismo, cuxo plan sectorial se atopa ao final da súa tramitación.
O que se inaugurou onte no Chan de Borneiro, que desde hai dúas semanas acolle outro Ben de Interese Cultural, é un pavillón de case mil metros cadrados sen ningunha columna no medio. Sostén o tellado un armazón de vigas de madeira traídas desde Noruega . Baixo terra está o groso do edificio, unha construción que terá que ocuparse de garantir que a temperatura e a humidade son as necesarias para o mantemento das pinturas.
Tamén abriu as súas portas o edificio de entrada ao recinto, que acollía onte unha exposición montada de urxencia cos pasos dados para a proxección do xacemento. A construción terá a súa propia musealización, cuxa estrela será unha réplica a tamaño natural da cámara que contén as pinturas e os gravados máis espectaculares do megalitismo galego.



Texto e fotos vía A Voz de Galicia.

22/03/11

O barroco salmantino: a igrexa de san Paulo


A Igrexa de San Paulo de Salamanca é un templo barroco historicamente vinculado á orde trinitaria.

Orixinalmente coñecida como igrexa da Santísima Trindade, foi edificada no século XVII seguindo o estilo barroco, consagrouse o 15 de xullo de 1667.

Formaba parte do convento dos Trinitarios Descalzos na Praza de San Adrián (actual Praza de Colón). Do convento só queda a fachada e na actualidade alberga os Xulgados de Salamanca, anteriormente foi cuartel da Garda Civil tras a Desamortizacción de Mendizábal.

Adquire o nome de San Pablo cando se instala aquí a parroquia dese nome por desaparecer a súa sede anterior en 1840. Esta parroquia tamén estivo instalada na Igrexa de San Esteban durante os cincuenta anos que a desamortización causase que non houbese dominicos no seu convento. A salientar o uso de elementos arquitectónicos de carácter clasicista.


Case todo o texto procede da Wikipedia, as fotos, como case sempre, son de Iniciarte.


15/03/11

A arte no Concilio de Trento

"O Santo Sínodo manda a todos os bispos e a cantos teñen o deber e a función de ensinar (…) que instrúan dilixentemente os fieis en primeiro lugar sobre a intercesión dos santos, sobre a súa invocación, a veneración das súas reliquias e o uso lexítimo das súas imaxes, ensinándolles que os santos, reinantes, xunto con Cristo, ofrecen as súas oracións a deus a favor dos homes (…) os que afirman que non hai que venerar nin honrar as reliquias dos santos, ou que a súa veneración e a doutros sagrados monumentos por parte dos fieis é inútil, e que é en van que se frecuenten os santuarios dos santos para implorar o seu auxilio, deben ser totalmente condenados, e do mesmo modo que xa os condenaba antes a Igrexa segue aínda condenándoos. Ensinen ademais que as imaxes de Xesús Cristo, da Virxe de Deus e dos demais santos deben ser expostas e conservadas, principalmente nos templos, e que debe tributárselles o honor e a veneración debidos; pero non é que deban ser honrados pola crenza de que reside nelas algunha divindade ou poder, ou porque haxa que pedirlles algo ou depositar nelas a confianza, como antano facían os xentís, que fundaban a súa esperanza no ídolos; senón porque o honor que se tributa ás imaxes vai dirixido aos prototipos que elas representan, de tal modo que, a través das imaxes que bicamos e ante as cales descubrimos a cabeza e nos postergamos, adoramos a Xesús Cristo e veneramos os santos a semellanza dos cales presentan. Isto ten sido sancionado polos decretos dos concilios, e sobre todo polos do II Sínodo de Nicea, contra os iconoclastas.

Ensinen tamén con dilixencia os bispos que, a través das historias dos misterios da nosa redención expresadas en pinturas e outras representacións, o pobo é ilustrado e confirmado na conmemoración e na asidua veneración dos artigos da fe; e tamén que se obteñen grandes froitos de todas as sagradas imaxes, non só porque se recordan ao pobo os beneficios e dons que se ten recibido a través de Xesús Cristo, senón tamén porque os milagres realizados por Deus a través dos santos e os seu saudables exemplos son postos baixo os ollos dos fieis, a fin de que por eles dean grazas a Deus e conformen a súa vida e costumes a imitación dos santos, e sexan estimulados a adorar e amar a Deus e a practicar a piedade. E se alguén ensinara ou crera o contrario destes decretos, sexa excomulgado… "

Concilio de Trento. Decreto sobre a invocación e veneración e das reliquias dos santos e sobre as imaxes sagradas. 1563
Ilustracións:
Fernández. Detalle do Cristo xacente. 1614

13/03/11

Vivendas de Herzog&de Meuron en Manhattan

Vídeo creado polo estudo Tronic de Nova York onde se recrea o edificio de 57 andares para vievendas de luxo en Tribeca, barrio de Manhattan, deseñado polo estudo Herzog&de Meuron. Podemos ver como os elementos de cada piso caen do ceo sobre unha escultura de Anish Kapoor.


56_Leonard_Herzog_and_Demeuron from TronicStudio on Vimeo.



Vía The cool hunter.

11/03/11

O enterro do conde de Orgaz por Juan Carlos Ortega

Desde o magnífico programa La mitad invisible chéganos a interesante visión de Juan Carlos Ortega sobre esta esta obra do Greco:

09/03/11

Pepe Galán e o monumento aos fusilados no Portiño (A Coruña)

Tal día como hoxe, 9 de marzo, pero de 1937 foron detidos 20 homes nas aforas da Coruña, no Portiño... Sete meses despois, o 9 de outubro, ás 6 da mañá, dezaoito serían fusilados en Punta Hermina despois dun Consello de Guerra (lembrade a existencia dun fermoso monumento a todos os fusilados neste lugar, preto da Torre de Hérccules). Tiñan entre 19 e 32 anos. Vexamos que aconteceu e porque INICIARTE quere contarvos esta historia.

Monumento ás vitimas do Franquismo no Campo da Rata de Punta Herminia (A Coruña)


Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de Franco e o s
eu trunfo na Coruña uns días despois. A represión organizada polos militares golpistas foi durísima. O encargo de facela tivo unha praza dedicada na Cidade Vella coruñesa ata hai uns meses. Non quero escribir o seu nome. Ler os seus bando de orde público son como recibir una bofetada na faciana historia da comunidade. A pesar da represión, algunhas organizacións obreiras puideron organizar algunha fuxidas a territorio republicano. Unha dela, a a anarquista “Sociedad de Marineros, Fogoneros y Patrones El Despertar Marítimo”, que xa organizara a fuxida de máis de trinta anarquistas a Asturias, convocou a vintecatro seguidores a unha xuntanza clandestina no Monte de san Pedro co obxectivo de planificar a fuxida. Mais a Garda Civil tiña perfectamente controlada a xuntanza, detendo a case todas as persoas agás a catro que se tiraron ao mar desde unha considerable altura (algún deles consta que acadaría o seu obxectivo algún tempo despois). O resultado… outros dezaoitos fusilados.

Se queredes saber máis sobre este acontecemento podedes ler o libro de Luis Lamela García. Estampas de injusticia. La Guerra Civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Sada, O Castro, 1998.

Ata aquí a historia. Imos agora coa arte.

O escultor coruñés Pepe Galán, que conta con algunha obra moi coñecida pola cidadanía (A copa do Sol) ao ter participado no Parque Escultórico da Torre de Hércules (lembrade unha introdución a este conxunto feita hai algún tempo en INICIARTE), foi o artista escollido para facer unha lembranza artística a esas persoas fusiladas. No seguinte vídeo poderedes coñecer a argumentación do propio escultor sobre esa magnífica intervención na paisaxe do Monte de san Pedro, no Portiño. No deixedes de visitar a páxina web de Pepe Galán. Paga a pega coñecer aos artistas que temos máis preto de nós.






Foto de Pepe Galán vía Antón Castro. As outras fotos son de INICIARTE.
NOTA: Na placa conmemorativa afírmase que a detención foro o 3 de marzo.

07/03/11

Roma en 3D desde Flickr

A partir dos millóns de fotos que hai Flickr, algúns usuarios atrevéronse a recrear en tres dimensións algúns espazos moi coñecidos: O Coliseo, a Fontana de Trevi, A Pietá do Vaticano de Miguel Anxo e tres lugares moi importantes de Berlín. Agardo que vos guste.



Visto en La brújula verde.

04/03/11

O Greco rexeitado por Filipe II: O martirio de san Mauricio

Cal sería a causa pola que o pintor manierista con máis recoñecemento na actualidade foi rexeitado na corte? Como é posible que todo un artista que conta cunha obra moi admirada polos seus coetáneos non fora do gusto de Filipe? É comprensible que un pintor tan amante dos cartos como foi O Greco desaproveitara a ocasión de contar co favor real?

Martirio de San Mauricio. O Greco. 1580-82.
Mosteiro de san Lourenzo do Escorial.
Óleo sobre lenzo, 448x301 cm.

Iremos pouco a pouco. Tras o paso de Doménicos Theotocópoulos por Venecia e Roma, sabemos da súa presenza en Toledo no verán de 1577 pois nun documento fálase de que percibiu 400 reais a conta pola realización do Expolio. Nese tempo tamén realiza varias obras de Santo Domingos. Cando, en 1579, morre Navarrete o mudo, Filipe II quedou sen o seu principal artista para a decoración do Escorial polo que buscou pintores consagrados para continuar a inxente obra que aínda restaba por facer. Un dos escollidos foi O Greco. Recibe o encargo da realización dun gran lenzo sobre o martirio de san Mauricio destinado, en principio, a un dos altares laterais da igrexa do Escorial porqu
e Filipe II gardaban, xuntos con outros miles, reliquias deste santo, considerado como un dos santos patróns na loita contra a herexía (como tamén foi considerado o rei pola súa loita contra os musulmáns)

A historia deste santo é a seguinte: a fins do século III san Mauricio coa súa lexión de soldados exipcios ao servizo do emperador de Roma foi trasladado ata as Galias onde reciben a orde do propio emperador Maximiliano (cantos mártires debe o cristianismo a este romano…) de realizar varios sacrificios a deuses romanos. Mauricio e os seus soldados néganse polo que serán martirizados: un total de 6.666 (que ben contaban aqueles cristiáns)

O cadro aparece moi ben descrito en Artehistoria do seguinte xeito:

A figura de San Mauricio -vestida cunha coiraza azulada e barbado- aparece na zona dereita do lenzo, en primeiro plano. Está acompañado dos seus capitáns, no momento de decidir se efectúan o sacrificio aos deuses pagáns. Á súa esquerda contemplamos a San Exuperio co estandarte vermello. Xunto a eles atóp
ase un home con barba, vestido con túnica, que foi identificado con Santiago o Menor, quen converteu a toda a lexión ao Cristianismo. Entre eses militares destacan dous, situados entre o santo e a figura que porta o estandarte. O de idade máis avanzada é o Duque Enmanuel Filiberto de Saboya, comandante das tropas españolas en San Quintín e Gran Maestre da Orde Militar de San Mauricio. Á súa dereita, e máis cerca do santo, sitúase Alexandre Farnesio, duque de Parma, quen estaba naqueles momentos loitando nos Países Baixos contra os holandeses. Nos planos do fondo, onde se desenvolve o martirio, atopamos o retrato de Don Xoán de Austria, o fillo natural de Carlos V e vencedor da batalla de Lepanto. Todas as figuras visten uniforme militar do século XVI, unindo ambos os feitos: a loita dos xenerais españois contra a herexía e o paganismo, igual que fixo San Mauricio. Nun segundo plano contemplamos o episodio máis importante: o martirio. Os lexionarios sitúanse en fila, vestidos con túnicas semitransparentes ou espidos, que esperan a quenda para ser executados. O verdugo sitúase de costas, sobre unha roca, e xunto a el vemos de novo a San Mauricio, reconfortando aos seus homes e agradecendo a súa decisión. Un home degolado reforza a idea do martirio, exhibindo un forte escorzo. A parte superior do lenzo complétase cun Rompimiento de Gloria formado por anxos músicos, mentres outros portan palmas e coroas de triunfo. Estas figuras tan escorzadas contraponse á quietude da zona principal. A escena desenvólvese nun pedregal”.

Expliquemos agora porque esta obra non foi do agrado do monarca.

Probablemente este lenzo será a obra máis meditada, reflexiva, de lectura complexa e intelectual das realizadas polo pintor nons seus primeiros anos de estancia en Castela. Quería amosarlle a Filipe II de canto era capaz de facer, de canto aprendera do seu paso por Italia, pois sabía do gusto italianizante do monarca. Por esta razón quixo realizar unha obra con moitas lecturas, unha, diríase, sofisticada. Mais… non foi do agrado do seu destinatario quen tras pagala decidiu que non se colgara no lugar inicialmente previsto dentro da basílica. O monarca, fiel seguidor dos criterios artísticos expostos no Concilio de Trento, profundo crente contrarreformista, desexaba unha obra sinxela, clara, que emocionara e conmocionara nada máis ser vista.

Anos despois de rematada a obra o pai Sigüenza, conselleiro real e bibliotecario do Escorial escribiu:
Dun Dominico Greco que agora vive e fai cousas excelentes en Toledo, quedou aquí un cadro de san Mauricio e os seus soldados (…); non lle agradou á súa Maxestade (…), porque contenta a poucos, aínda que digan que é de moita arte e que o seu autor sabe moito, e vense cousas excelentes da súa man. Nisto hai moitas opinións e gustos (…) pos santos hanse pintar de xeito que non quiten a gaña de rezar neles, antes poñan devoción, pois o principal efecto e fin da súa pintura ten que ser esa.”

A conclusión, que diría calquera alumno/a de 2º de bacharelato é que O Greco pasouse de listo.

Bibliografía: José Álvarez Lopera. El Greco. Madrid, Akal, 2001. Entrecomillado da páxina 27.

Créditos da imaxe do detalle.

03/03/11

Adán e Eva de Durero volven ser expostos

O Museo Nacional do Prado exhibe a partir do mércores, 24 de novembro, a magnífica parella Adán e Eva de Alberto Durero (1471-1528) tras uns traballos de restauración que se prolongaron durante dous anos.

Ese mesmo día, o Prado formalizou un acordo de colaboración coa Fundación Iberdrola como membro protector do seu Programa de Restauración, o que permitirá o desenvolvemento doutras restauracións tan relevantes como as de Adán e Eva, cuxa instalación especial en sala presentouse tamén este día como o primeiro proxecto patrocinado pola Fundación.

A montaxe expositiva de ambas as obras realizouse na galería central da planta baixa do Museo, onde se exporán durante catro meses sobre unha estrutura especialmente deseñada para que poida apreciarse tanto o anverso como o reverso das dúas táboas, invitando ao público a coñecer o delicado e complexo traballo de restauración realizado coa colaboración da Getty Foundation e de George Bisacca, restaurador do Metropolitan Museum of Art de Nova York.

Alberto Durero realizou estas dúas táboas ao regreso da súa segunda viaxe a Italia en 1505 e ambas supón un intento de sintetizar os ensinos recibidos, buscando un equilibrio entre italianismo e germanismo, a fin de alcanzar a perfección ideal do corpo humano, para o que o asunto bíblico é un simple pretexto. O seu coñecemento do espido clásico raia a unha altura prodixiosa á vez que a exactitude do debuxo revela un pulso de gravador único, ancorado nas tradicións do Norte.

O crecente influxo italiano percíbese na monumental grandiosidade das súas figuras, mentres que a seu xermanismo advírtese claramente no cromatismo, a precisión do detalle e o gusto naturalista de corte expresionista, avivado aínda máis polo seu xenial espírito de debuxante. Ambas as táboas foron un agasallo da raíña Cristina de Suecia a Felipe IV.

Texto (adaptado e traducido) e foto vía Hoy es arte .