Tal día como hoxe, 9 de marzo, pero de 1937 foron detidos 20 homes nas aforas da Coruña, no Portiño... Sete meses despois, o 9 de outubro, ás 6 da mañá, dezaoito serían fusilados en Punta Hermina despois dun Consello de Guerra (lembrade a existencia dun fermoso monumento a todos os fusilados neste lugar, preto da Torre de Hérccules). Tiñan entre 19 e 32 anos. Vexamos que aconteceu e porque INICIARTE quere contarvos esta historia.
Monumento ás vitimas do Franquismo no Campo da Rata de Punta Herminia (A Coruña)Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de Franco e o seu trunfo na Coruña uns días despois. A represión organizada polos militares golpistas foi durísima. O encargo de facela tivo unha praza dedicada na Cidade Vella coruñesa ata hai uns meses. Non quero escribir o seu nome. Ler os seus bando de orde público son como recibir una bofetada na faciana historia da comunidade. A pesar da represión, algunhas organizacións obreiras puideron organizar algunha fuxidas a territorio republicano. Unha dela, a a anarquista “Sociedad de Marineros, Fogoneros y Patrones El Despertar Marítimo”, que xa organizara a fuxida de máis de trinta anarquistas a Asturias, convocou a vintecatro seguidores a unha xuntanza clandestina no Monte de san Pedro co obxectivo de planificar a fuxida. Mais a Garda Civil tiña perfectamente controlada a xuntanza, detendo a case todas as persoas agás a catro que se tiraron ao mar desde unha considerable altura (algún deles consta que acadaría o seu obxectivo algún tempo despois). O resultado… outros dezaoitos fusilados.
Se queredes saber máis sobre este acontecemento podedes ler o libro de Luis Lamela García. Estampas de injusticia. La Guerra Civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Sada, O Castro, 1998.
Ata aquí a historia. Imos agora coa arte.
O escultor coruñés Pepe Galán, que conta con al
gunha obra moi coñecida pola cidadanía (A copa do Sol) ao ter participado no Parque Escultórico da Torre de Hércules (lembrade unha introdución a este conxunto feita hai algún tempo en INICIARTE), foi o artista escollido para facer unha lembranza artística a esas persoas fusiladas. No seguinte vídeo poderedes coñecer a argumentación do propio escultor sobre esa magnífica intervención na paisaxe do Monte de san Pedro, no Portiño. No deixedes de visitar a páxina web de Pepe Galán. Paga a pega coñecer aos artistas que temos máis preto de nós.Foto de Pepe Galán vía Antón Castro. As outras fotos son de INICIARTE.
NOTA: Na placa conmemorativa afírmase que a detención foro o 3 de marzo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario