1/1/10

Os tellados da catedral de Santiago: fotografías

A visita aos tellados da catedral é unha, se non a mellor, visita que se pode facer en Santiago de Compostela. É outro xeito de contemplar a catedral e a cidade. Con esta visita tense a posibilidade de estudar esa edificación inmensa que é a catedral, unha igrexa que nunca coñecerei completamente, que ten mil e un anacos da historia e da arte nas súas pedras.

É unha visita sorprendente. Podemos observar desde columnas salomónicas sobre a ábsida principal, ata un personaxe defecando nun dos canzorros do mesmo lugar. Podemos coñecer onde se queimaban os farrapos dos peregrinos ou onde estaban os cochos do xastre. Apreciar os restos de antigas edificacións ou o coidado con que se fixo a última intervención. Unha visita imprescindible.


3 comentarios:

Loly dijo...

Pero non deixedes de ir acompañados dun bo guía ou de dous... nós, grazas aos nosos (de cinco e sete anos), descobrimos que o reloxo cunha soa agulla non estaba roto e tamén onde se queimaban as roupas dos peregrinos... Esta xente nova ven pisando ben forte!!
Feliz 2010.

Antonio Martínez dijo...

Vaia, pois eu que desexaba ser o teu guía...

Loly dijo...

Pero quen dixo que xa o tiña todo visto...?