31/01/11

O matrimonio Arnolfini: algunha novidade?


Que dificil é dicir algo novo ou distinto sobre este famoso cadro. Temos moita información sobre o mesmo pero case toda é reduntante e reiterativa.
En realidade, é posible pensar que aínda hai moito por coñecer, tanto sobre Jan Van Eyck como sobre esta táboa. Recentemente o noso colega bloguero Paco Hidalgo dábanos algo de luz sobre o autor ao tratar de desmontar algúns dos típicos tópicos que se adoitan repetir. Tamén poderemos recordar o datallado análise dos significados simbólicos ofrecido por Eduardo Sánchez hai moitos anos, e ata poderiamos recordar as interesantísimas achegas que o pintor norteamericano David Hockney fai no seu alucinante libro El conocimiento secreto. El redescubrimiento de las técnicas perdidas de los grandes maestros (Barcelona, Destino, 2001).


Mais hoxe quixese trasladarvos a visión ou versión que a guía oficial da National Gallery, o museo onde se garda o retrato matrimonial, ofrece sobre o mesmo. Fixarvos, xa, na primeira afirmación:

“É pouco probable que o cadro represente unha auténtica cerimonia de voda e nin sequera estamos seguros da identidade dos retratados. A inscrición latina que hai na parede do fondo, “Jan van Eyck estivo aquí/1434”, interpretouse como a presenza do artista en calidade de testemuña da voda, pero tamén pode atestiguar que é o autor do cadro sen máis, a súa creación “aquí”. Con todo, seguramente é certo que o cadro retrata a unha parella casada. Neste contexto o can podería simbolizar a fidelidade, a única vea ardendo o ollo de Deus, que todo veo -un simbolismo subliñado polo espello con escenas da Paixón de Cristo que decoran o marco. A escultura do banco representa a Santa Margarita, patroa das mulleres de parto, aínda que a esposa máis que embarazada, ten a tripa redondeada á moda. Suxeriuse que os zocos e as sandalias, que a parella quitouse, poderían ser agasallos típicos de voda ou ben aludir ao costume de descalzarse en lugares sagrdos. O xesto da man dereita de Arnolfini -que o artista modificou para pola máis vertical- podería ser de benvida ou de afirmación; non o sabemos con certeza. Pero todas estas referencias encaixarían á perfección no retrato dunha parella de burgueses prósperos e medorentos de Deus. Só o xenio descritivo do pintor confírelle a aparencia dun momento importante nun lugar especial”.

Erika Langmuir. National Gallery. Guía. Londres, National Gallery Company, 1997, páx. 48.

No seguinte vídeo poderedes visonar un resumo do que se adoita dicir e escribir sobre o matrimonio Arnolfini.




30/01/11

Bruce Springsteen: Día da Paz

Para celebrar o Día Paz, vexamos este vídeo de Bruce. Podedes ler a letra e a súa tradución.

29/01/11

Sen comentarios (XXIV): Outro atentado ao patrimonio


Texto e fotografía vía A Voz de Galicia, onde poderedes ler a nova completa. Sen comentarios.

A un Pedro Mariño sáelle unha chepa de tres anadares.

Este ano cumpriranse 80 anos da súa morte, pero os edificios de Pedro Mariño, un dos históricos arquitectos municipais da Coruña, seguen evolucionando. En que sentido poderao xulgar o que pase estes días pla rúa Marqués de Amboage. No número 7 álzase un dos bloques que Mariño levantou no segundo ensanche coruñés e que agora está en pleno proceso de rehabilitación.

O proxecto de reforma aproveitouse para gañar espazo no edificio, cun engadido de tres plantas deseñado cun estilo notablemente diferente ao que imprimiu Pedro Mariño á estrutura orixinal do inmoble. Pero non é o único cambio no bloque, tomado por un nutrido grupo de operarios que están rehabilitando unha fachada histórica que nos últimos anos presentaba un aspecto de claro abandono, engalanada polos grafitis e coa pintura ennegrecida por falta de conservación. Agora loce unha capa cor beige moito máis vistosa, á vez que se repararon as fiestras, os balcóns e o resto dos elementos exteriores do inmoble.


A hemeroteca artística do día: sábado 29-I-2011


Gervasio Sánchez, contra o esquecemento.

Inauguración na Coruña da AbreveverbaA.

Exposición fotográfica en Madrid.

Debuxos de Picasso en mans dun ladrón.

Paisaxe e fotografía: Urbscapes.


Novas exposicións no MUSAC.

Reflexións sobre a Net.Art.

Palazuelo, do debuxo á escultura.

O MARCO vigués analiza o concepto de público.


Exposición fotográfica sobre a Terra.

Novo récord de venda para un Tiziano.


Ilustración. Tiziano, Sagrada Conversa.

Hai alguén nas clases?

28/01/11

Giotto: o seu estilo segundo Vasari

Noutras ocasións xa teño escrito sobre a importancia de Giorgio Vasari na historia da arte. Mira como describe o estilo do seu admiradísimo Giotto:

“… suprímese o perfil que rodeaba completamente as figuras e os ollos, que parecían endemoniados, os pés rectos e de punta, as mans afiadas, a ausencia de sombra e outras monstruosidades daqueles bizantinos, e deuse máis graza ás cabezas e maior suavidade aos coloridos. Giotto pintou as súas figuras en actitudes máis correctas e empezou a dotar de realismo aos rostros, encartou os panos con máis naturalidade que os seus antecesores e achou, en parte, o difuminado e o escorzo das figuras. Así mesmo empezou a representar expresións nos rostros, como o temor, a esperanza, a ira ou o amor, e o estilo que antes era rudo e difícil con el fíxose suave. E se non fixo os ollos co movemento propio dos vivos nin o final dos lagrimais, nin os c
abelos nin as longas barbas con morbidez, nin as mans cos seus nudillos e músculos, nin os espidos como son en realidade, debémolo escusar pola dificultade da arte e por non ver pintores mellores que el de quen aprender. Advirtan todos, no medio da pobreza daquela arte e dos tempos, a calidade das súas escenas, o coidado polo aspecto e a obediencia física ao natural, porque se aprecia ben que as figuras obedecían ao que tiñan que ser, e así se demostra que tivo un xuízo moi bo, aínda que non perfecto".

Giorgio Vasari. Las vidas de los más excelentes arquitectos, pintores y escultores italianos desde Cimabue a nuestro tiempos. Madrid, Tecnos, 2001, páx. 176.

Tedes que lembrar que xa hai en Iniciarte outra entrada sobre Giotto onde se inclúe unha estupenda presentación sobre as súas obras. Tampouco débese de deixar de coñecer a páxina oficial da Capela degli Scrovegni de Padua e facer esta visita virtual á mesma.

Fotografía: A Capela dos Scrovegni.

26/01/11

O Pórtico Real de Chartres


A cidade de Chartres nos séculos XII e XIII era unha cidade rica capaz de edificar unha nova catedral, tras os incendios de 1134 e de 1194 da anterior románica, en moi poucos anos. Ademais de florecente urbe (comercial e feiral), tamén era un lugar de peregrinación posto que conservaba unha pretendida túnica da Virxe, e, ademais, o seu obispado era apoiado pola monarquía para afianzar o seu poder. A fachada principal, o Pórtico Real, desta catedral, terminada en 1245, reúne os elementos prototípicos da escultura gótica.

No Pórtico Real, como toda a arte medieval, observamos unha dependencia da escultura con respecto á arquitectura. Tamén hai elementos que terán unha gran repercusión posterior como as
estatuas-columnas, cuns canons estéticos do gótico inicial como poden ser a rixidez, as pernas paralelas, os pés colgantes, as roupaxes con pliegues ríxidos e paralelos, as cabezas equivalentes a un sétimo da altura do corpo ou as bocas de beizos finos que esbozan un sorriso. No taller desta catedral as figuras e as súas columnas foron talladas nun só bloque.

Este Porte Royal está divido en tres p
ortas cos seus respectivos tímpanos.

O tímpano central está dedicado a Cristo enmarcado nunha mandorla,como Maiestas Domini, rodeado polos símbolos dos evanxelistas, os tetramorfos. Cristo levanta a man dereita e na esquerda sostine o Libro da Vida. No friso do dintel represéntanse aos doce apóstolos, enmarcados por arquitecturas en grupos de tres figuras, co que se pretendía aludir simbolicamente a que predicaron a trinidad nos catro puntos cardinales do planeta. As arquivoltas mostran anxos e aos vinte e catro anciáns do Apocaplipsis.

As figuras das xambas da esquerda da portada central reúnen as seguintes características: "cada unha das figuras vive, por así dicilo, no seu propio mundo; as estatuas non están relacionadas nin entre si nin co que as contempla; a súa expresión parece pensativa, misteriosamente distante, e ata chegamos a descubrir un débil rastro do sorriso arcaico. O aspecto global destas figuras cadra perfectamente coas columnas da jamba ante as que se achan apos
tadas ou suspendidas. As cabezas miran á fronte, sen desviarse o máis mínimo; os brazos e as mans están pegados ao corpo, e suxeitan un libro ou un rolo de pergamiño; e os corpos apenas se distinguen baixo os longos pliegues das vestiduras. Son, no máis puro sentido do termo, "estatuas-columna", pero non teñen función arquitectónica algunha e poderían quitarse sen alterar para nada os elementos arquitectónicos." (Wittkower, R., ob. cit., páx. 59).

As outras dúas portas da fachada occidental son descritas da seguinte forma na wikipedia:
O pórtico esquerdo está dedicado á ascensión de Cristo (ou talvez a súa segunda vinda). O tímpano mostra a Cristo
nunha nube sostido por dous anxos. Debaixo hai dous frisos, o superior mostra a catro anxos cantores e o inferior dez figuras que posiblemente sexan apóstolos e que portan libros e pergamiños contemplan a Cristo. As dúas arquivoltas mostran os símbolos do zodiaco e labores relativos aos doce meses, temas comúns no románico francés.

O pórtico dereito mostra a mesma estrutura. O seu tema é a pureza de María e a súa dignidade como nai de Cristo. No tímpano figura a Virxe co neno entronizada entre dous anxos. No momento da súa construción esta representación era unha novidade xa que o tema
central había estado sempre dedicado a Cristo. O friso superior mostra a Presentación no Templo, coa Virxe, Simeón e outras figuras. O inferior narra a Anunciación, Visitación, Natividade e Anunciación aos pastores coidando os seus rabaños, algo inusual; mostrar homes comúns entre as figuras divinas. As arquivoltas están decoradas con anxos a interior e a exterior coas sete artes liberais (e dous símbolos zodiacales que non couberon no lado esquerdo) combinadas con figuras relativas do mundo antigo: gramática e Prisciano ou Donato, retórica e Cicerón, dialéctica e Aristóteles, aritmética e Pitágoras, xeometría e Euclides, astronomía e Ptolomeo e música e Nicómaco. Os capiteis desta porta mostran escenas da Paixón, a entrada a Xerusalén, a Última Cea, a Sepultura e o Duelo das mulleres.

En conxunto, a obra escultórica dos tres accesos ao tempo (a norte, a sur e a principal, é dicir a occidenta) permiten facer un percorrido desde o protogótico (Pórtico Real) ao gótico clásico (portadas do transepto). A escola catedralicia de Chartres e a súa orientación neoplatónica déixase sentir na temática das portadas. A principal tense que ler seguindo o fío condutor da "historia da salvación" (a Virxe, escenas da vida de Cristo e Cristo en Maxestade). A norte do transepto xoga un papel de símbolo: pola súa localización non recibía a luz do sol e iso traducíase nun símbolo, o Antigo Testamento, que aínda non recibira a luz do evanxeo. A do sur está dedicada á igrexa insere no mundo (apóstolos, mártires, santos, presididos polo Xuízo Final).


Bibliografía:
Bozal, V. (1992), La escultura. Tomo 2 de la Historia del Arte. Barcelona. Carroggio S.A. de Ediciones.
Wittkower, R. (1997), La escultura: proceso y principios. Madrid. Alianza ed. Col. Alianza Forma nº 8. 10ª reimpresión.
Todas as ilustracións proceden de Educastur.

24/01/11

Proba de arte románica


Fachada das Praterías da Catedral de Santiago





Analiza cada unha das obras empregando o seguinte esquema:
A Análise do seu contexto histórico-artístico.
B Clasificación, sinalando, se procede, cultura, estilo, movemento; cronoloxía; título e autor.
C Xustificación da clasificación e comentario da obra seguindo os enfoques metodolóxicos da historia da arte.

Define os seguintes conceptos:
1 Iconografía
2 Cor primaria
3 Doela
4 Triforio

23/01/11

Que frío!!!

Que frío vai estes días... non si?

21/01/11

Catedral de Sevilla: o maior templo gótico do mundo

Foi levantada, a partir do de 1401, e consagrada en 1507, coa dirección de Alonso Martínez, sobre a mesquita almohade so século IX e da que conserva aínda o minarete (a Xiralda) e o patio das ablucións (o Patio dos Laranxos). Por este motivo ten unha forma rectangular. É de estilo gótico serodio.

Contan que cando se ordenou a súa construción o Cabido de Canónicos afirmou. “Fagamos una obra tan grande que os que a vexan rematada nos teñan por tolos”. Hoxe soe afirmarse que o templo gótico máis grande do mundo e o terceiro templo cristiá de maior tamaño despois de san Pedro do Vaticano e san Paulo de Londres.

É de planta de salón con cinco naves sendo a central a máis alta e ancha e as capelas xorden dos contrafortes. O alzado prescinde do triforio e conta con piares con pequenas columnadas pegadas. No exterior é moi chamativo que fronte á lixeireza dos arcobotantes, pináculos e contrafortes, destaque o seu forte carácter macizo e de bloque.





No seu interior destaca o Retablo Maior de 18 metros de altura e no que se representan esceas do Antigo e Novo Testamento, con máis dun milleiro de esculturas e está considerado como un dos maiores retablos cristiás. Foi realizado durante case un século (entre 1482 e 1564) segundo os trazos de Pyeter Dancart. Tamén no interior cabe falar das súas vidreiras flamengas do XVI e a súa Capela Maior coas súas fermosas rexas de ferro e os púlpitos do XVI. Foi realizada por Martiño de Gaínza no XVI, sustituindo á absida gótica. Nun lateral gárdanse uns supostos restos de Cristovo Colón. Igualmente hai que falar do coro que ocupa un tramo da nave central e conta cunha cadeirado dos século XV e XVI. O conxunto cúbrese con bóvedas estreladas.

A sancristía Maior, de estilo Plateresco iniciada por Diego de Riaño e continuada por Martiño de Gaínza a mediados do XVI.

Non é habitual falar dos problemas habidos nas historias dos grandes monumentos. Na catedral de Sevilla hai que salientar que o 28 de decembro de 1511 (o día das inocentadas) produciuse un derrumbe na bóveda central no cruceiro por fallo dun dos enormes pilares. Foi destituído o responsable da fábrica (Alonso Rodríguez) e fíxose cargo das obra Xoan Gil de Hontañón quen deseñou una nova cúpula (1519) pero o ciborio caería en 1888, sendo reconstruído por Xoaquín Fernandez.

Patrimonio da Humanidade desde 1987. Desde a páxina web do templo pódese facer visitas virtuais. Máis información na wikipedia.



Finalmente, un consello, non deixedes de ver outras entradas en INICIARTE, sobre a arquitectura gótica.

19/01/11

Arquitectura cisterciense en Galicia (IV): Mosteiro de Armenteira


Parece ser que as orixes do mosteiro temos que relacionalas coa doazón do nun nobre apelidado Armentaria que quixo edificar un convento nas súas terras (Meis, Pontevedra) adicado a santa María e baixo as regras do Cister. O mosteiro construíuse a partir de 1150 e, segundo consta nun piar, a igrexa foi iniciada dezaoito anos despois, sendo rematada no 1212 segundo se pode ler no pórtico. Pódese salientar a lenda do primeiro abade, don Ero que foi recollida nas cantigas de Afonso X : “Como Santa María fece estar o monxe trescentos anos ao canto da pasariña, porque lle pedía que lle mostrase qual era o ben que habían os que eran en paraíso”.

En 1624 o frade Dionisio Duarte publicou La relación escrita del convento de Armenteira onde recolle a historia do mesmo ata o século XVII, destacando as importantes doazóns recibidas que abranguían moitas propiedades do val do Salnés. A desamortización rematou cos seus dominios. Co paso do tempo foi ficando na ruína ata que mediados os anos oitenta do pasado século e grazas ao labor da asociación “Amigos de Armenteira” púidose recuperar toda a edificación que na actualidade continua funcionando como templo parroquial e albergaría.


A igrexa é una importante mostra da arte románica do século XII. Mentres que en Oseira e Melón a influencia da catedral de Santiago era evidente nas complexas cabeceiras das igrexas, en Armenteira (Meis, Pontevedra) a débeda coa arquitectura románica en xeral é máis clara ao posuír unha planta similar á de outros templos.

Conta con planta d
e cruz latina, tes naves de catro tramos no brazo maior e tras ábsidas semicirculares. A nave central e os brazos do cruceiro teñen bóveda de canón apuntado, as dúas naves laterais bóvedas de aresta e no cruceiro destaca una cúpula sobre trompas e arcos pareados e diagonais de inspiración mudéxar (única en Galicia). A bóveda das ábsidas é de canón apuntado rematadas en cuartos de esfera. Hai arcos formeiros apuntados, pequenas xanelas. Escasa ornamentación interior. Na cabeceira dispóñese tres capelas de remate semicircular.

Na fachada occidental destacan as arquivoltas semicirculares apoiadas en seis pares de columnas de fustes lisos con basas de tipo ático e un imponente rosetón calado que vai sobre o tornachuvias. Esta fachada é a única que recibe un tratamento ornamental. Está dividida en tres rúas por contrafortes prismáticos dobre e de remate graduado. As xambas da porta moldúranse con boceis que deixan unha media cana intermedia na que se labraron grupos de cinco bolas pequenas dispostas en cruz. No ccorpo alto abrése o fermoso rosetón con óculo decorado con xadrezado. A súa decoración xeométrica nace dun círculo central lobulado e a partir del, dispóñense de maneira concéntrica círculos e outras composicións circulares de tipo floral. Nos extremos da fachada e aproveitando os grosores dos muros, construíronse escaleiras de caracol.

No lateral norte ubícase o claustro e no sur un muro con contrafortes.

O claustro, cadrado, foi inciado no século XVI e rematado no XVIII.


18/01/11

Patrimonio: outro atentado

60.000 euros públicos, tirados ao lixo

A escultura do vigésimoquinto aniversario do Parlamento de Galicia podrece nun despezamento. Como oen: A obra de Fernando Blanco que no seu día custou 60.000 euros...atópase nun despezamento do Milladoiro. Desde o Parlamento aseguran que a obra estaba en mal estado e que había risco de derrube.



Vía A Voz de Galicia.

17/01/11

Arquitectura cisterciense en Galicia (III): Mosterio de santa María de Oseira


Incorporouse ao Císter en 1141, sendo o primeiro de Galicia é un dos primeiros da península. Contou cos favores reais e doazóns privadas. A conclusión da capela maior tería lugar cara a 1195-1200. A actividade construtiva é intensa nas primeiras décadas do século XIII. A probable data de consagración no ano 1239 podería convir como a do final das obras. A arquitectura deste templo é unha síntese entre o foráneo e o local, que é un fenómeno moi presente en toda a arquitectura da Orde.
A partires do século XIVcomezaron os seus problemas. E mesmo xa en 1552 un terrible incendio destruiu o mosteiro pero non a igrexa, sendo reconstruido durante a segunda metade do XVI, o XVII e o XVIII. A desamortización de 1835 fixo que o chamado Escorial galego ficase abandonado, sendo saqueado. A partires de 1929 principiaría a súa lenta recuperación.
Xa quedou dito que o único de orixe medieval que queda é a magnífica igrexa. Ten planta de tres naves no brazo vertical e unha no cruceiro cubertas con bóveda de canón apuntado, agás no tramo central do cruceiro no que se levanta unha cúpula. A cabeceira sustitúe o “proxecto” bernaldín” por unha espléndida capela maior que ten todo arredor un deambulatorio amplo ao que se abren cinco capelas de clara influencia compostelá.


A planta
Ten forma de cruz latina, con tres naves de sete tramos no brazo longitudinal e unha soa no cruceiro, con dous tramos. A central de maiores proporcións en ancho e alto, mentres que as laterais son baixas e sensiblemente estreitas. A cabeceira de grandes proporcións no seu estado actual supón unha alteración respecto da que sería canónica para o plano inicial, á marxe doutras alteracións sufridas en época barroca. Consta dunha capela maior semicircular, precedida de dous tramos rectos, ao redor da cal desenvólvese unha xirola, con sete compartimientos na zo
na curva as rectas de dous tramos cada unha.
Na xirola ábrense cinco capelas, que orixinalmente terían planta circular precedida dun tramo recto, soamente na actualidade conserva esta inicial disposición a situada ao sur da capela central.
Os capiteis levan decoración case todos de follas lisas con resalte central na súa terminación. O de máis interese é o situado no segundo tramo ao lado da epístola representando catro cegoñas de longas e delgadas patas, afronta
das picando un obxecto común.
O hemiciclo absidal cóbrese con bóveda de crucería composta por oito nervios de sección prismática compostos dun groso touro enmarcado por sinxelas nacelas, que conforman sete plementos cóncavos.

As naves
O brazo lonxitudinal da Cruz da planta ten tres naves, de notable lonxitude, de sete tramos cada unha, sendo a central sensiblemente máis ancha e elevada que as laterais. Cóbrese a nave maior con bóveda de canón apuntado, lixeiramente peraltada con arcos faxóns da mesma directriz, simples e de arestas vivas; apéanse en columnas embebidas no núcleo do alicerce e no muro. As naves laterais moi estreitas, cóbrense con bóvedas de canón apuntado, peraltado. A maior parte dos capiteis decóranse con motivos vexetais, cimacios de nacela libre. Reciben luz as naves laterais por medio de fiestras, unha por tramo, con arco de medio punto de arestas vivas.
O cruceiro e a cúpula

O cruceiro destácase tanto en planta como en alzado; fórmao unha soa nave de brazos de curta dimensión e cóbrese con bóveda de canón apuntado, do mesmo xeito que as naves. Sobre un cruceiro álzase a airosa cúpula. Exteriormente é un sinxelo corpo octogonal, liso e espido, sen máis decoración que unha cornixa con canzorros. No interior atopámonos cun polígono de base de dezaseis lados conseguido mediante catro grandes trompas, hoxe decoradas con relevos barrocos de madeira tallada, que ten a cada lado outras dúas pequenas que se unen aos tramos situados sobre as claves dos arcos torales. A cúpula fórmana 16 nervios radiais de perfil rectangular. Atribuíse ao monxe Fernán Martínez, que figura na documentación como mestre de obras do mosteiro segundo Peralta; a data da súa construción sería o ano 1282.
No testeiro ao lado sur ábrese a chamada Porta dos Mortos, por estar próxima ao cemiterio monacal. Interiormente é de traza moi sinxela cun arco dobrado, lixeiramente apuntado e de arestas vivas, se voltean directamente un sobre as jambas e outro sobre o muro. Neste mesmo muro, sobre a porta ábrese un g
ran rosetón dunha soa arquivolta de groso baquetón liso enmarcado por unha chambrana con perfil de dobre nacela carente de decoración. A tracería é moi simple, un cruz formada por columnas panzudas unidas pola base e conformando unha especie de trevo de catro follas.


Oseira
View more presentations from Antonio.


Bibliografía e textos de: Proxecto Galicia. Arte. Vol. XII, páx. 20-47
Páxina web do mosteiro. Fotos vía Mosterio de Oseira.

14/01/11

Arquitectura cisterciense en Galicia (II): O Císter en Galicia

Desde principios do século XI xorden movementos monásticos que pretenden unha maior austeridade, destacando os cartuxos e os cistercienses. Os primeiros non se establecerían en Galicia, pero os segundo tiveron un importante número de fundacións e aínda permanecen varias como mosteiros.
A orixe dos monxes brancos sitúase en Roberto de Molesme ao abandonar, en 1098 xunto con outros 23 monxes o seu mosteiro para crear outro restaurando “a austeridade e a simplicidade da regra no campo disciplinar, ascético, litúrxico e incluso artístico, despois da experiencia cluniacense”. Contarán coa protección papal desde comezos do XII. Organizaranse en abadías autónomas, aínda que vinculadas á casa nai. Unha das primeiras en aparecer foi a de Clairvaux, fundada por Bernardo de Claraval no 1115. Cunha rápida expansión, chegou axiña a Galicia. Así entre 1141 e 1150 dátase a filiación do mosteiro de Oseira e de Sobrado. Desde aquela e ata o primeiro cuarto do século XIII dátanse a maioría dos mosteiros cistercienses de Galicia, entre os que están todos aqueles con fábricas que conseguiron importancia artística dentro da arte románica cisterciense.

Este rápido espallamento debeuse non só ao impulso relixioso, senón tamén ao apoio decidido que lles ofreceron reis como Afonso VII, Fernando II e Afonso IX xa que estaban moi interesados na ocupación de territorios desertos e que parecían axeitados para o establecemento dos cistercienses, pois estes buscaban sitios arredados para se dedicaren á vida ascética.



Na Apoloxía que lle dirixiu san Bernaldo a Guillerme, abade de Saint-Thierry, en 1125, rexeita o luxo nas igrexas, os motivos ornamentais, as imaxes e as iconografías habituais por consideralos innecesarios para os monxes, que “se separaron do mundo e por amor a Cristo abandonaron todo o que é precioso e agradábel”. Por isto, pódese falar das igrexas “bernaldas”, se ben non existe un tipo único, si que hai, segundo Torres Balbás, “unha tendencia uniforme… cara á sinxeleza extrema (…) As igrexas foron oficinas de oración nas que nada distraía aos relixiosos da meditación e da contemplación espiritual… Deste espírito xurdiu unha arquitectura núa, adaptada perfectamente á súa función; a beleza reside na proporción e na harmonía das partes, e tamén na ordenación xeral, calidades que a achegan á sensibilidade contemporánea”.


As igrexas do Císter adoptan, a miúdo, unha planta cruciforme con tres naves no brazo maior e unha no cruceiro, con capelas rectangulares. Desde o século XII, coa suavización do espírito inicial, adoptan solucións máis complexas, con deambulatorios con capelas radiais (Oseira) por influxo da catedral de Santiago. As cubertas serán de canón apuntado, ademais de bóvedas de arestas, cuarto de canón, nervadas. Os arcos formeiros e faixóns adoitan ser apuntados, e nas xanelas de medio punto.


A organización interna das igrexas cistercienses adoita reflectirse no exterior por mor da gradación dos volumes a partir do centro do cruceiro ou do tellado da nave maior. Os muros artéllanse con rexos contrafortes prismáticos. As fachadas occidentais presentan porta con motivos vexetais ou xeométricos, con rosetón, pudendo ter portas correspondentes ás naves laterais.


Por manter os principios da Orde, as igrexas cistercienses en Galicia, prescinde de capiteis historiados e os figurados son moi escasos, domiñando os que teñen decoración vexetal ou os que carecen da calquera decoración.

Bibliografía: Proxecto Galicia. Arte. Vol. XII, páx. 20-47.

12/01/11

Arquitectura cisterciense en Galicia (I): as orixes da orde monástica

"A historia do monacato está indisolublemente unida ao nome de San Bieito de Nursia, personaxe fundamental para a cultura de Occidente que desenvolveu a súa obra na primeira metade do século VIN de nosa era. Á súa man débese unha regra ideada para rexer as comunidades relixiosas. (...)
San Bieito propón un modo de vida austero pero sen extravaga
ncias. O relixioso debe levar unha existencia ordenada na que oración e traballo altérnense e o lecer quede desterrado.

Moitas congregacións tentaron seguir estas normas dun xeito fiel pero, frecuentemente, en canto comezaban a acumular posesións, caían na relaxación. Unha das abadías benedictinas máis famosas foi a de Cluny, fundada no ano 910 e próxima á localidade francesa de Lyon. Os seus monxes buscaron reencontrar o espírito de San Bieito e conseguiron un notable auxe da súa orde: no século XII xa alcanzaba o milleiro e medio de casas. Con todo, a expansión tamén trouxo consigo o poder, a riqueza e, como non, a decadencia da espiritualidade.

No ano 1098, o abade benedictino de Molesmes, San Roberto (1028 - 1111), retirouse con vinte e un compañeiros ao bosque de Citteaux ou Cistercium, nas proximidades de Dijon, en Francia. O seu propósito era seguir fielmente a Regra de San Benito, pero un mandato do Papa obrigoulle a regresar á súa abadía. Foi sucedido en Císter por San Alberico e máis tarde polo inglés San Esteban Harding. Foi este un dos alicerces fundacionais da orde e escribiu algunhas obras relativas á súa regulamentación.

En 1115, fundouse o mosteiro de Claraval e o seu primeiro abade, San Bernardo (1090 - 1153), home de personalidade apaixonada e complexa, deu o impulso definitivo a aqueles monxes que desexaban unha vida austera, á primitiva usanza benedictina. É preciso deixar claro que, en contra do que a miúdo se cre, San Bernardo, nin foi o fundador da orde, nin sequera o seu abade xeral; no entanto, a fama da súa comunidade propagouse por todo o mundo cristián e espertou as simpatías da sociedade da súa época. Os monxes brancos, así chamados pola cor do seu hábito, foron requiridos para instalarse en diversos países e estendéronse rapidamente.


A vida do monxe cisterciense réxese pola Regra de San Bieito e polos Costumbrarios ou Usos, atribuídos a San Esteban, que constitúen unha serie de comentarios á Regra. O conxunto da orde regúlase pola Carta caritatis, estatuto básico escrito por San Esteban. As decisións as toma o capítulo xeral, o cal ten autoridade suprema en todos os temas. Os abades son elixidos polos monxes. Para rematar, e aínda que, en teoría, o Císter é unha federación de comunidades iguais, é interesante destacar a subordinación dos mosteiros ás súas casas nais. Así, un abade pode realizar inspeccións periódicas ás súas fundacións.


Se hai unha palabra que cualifique a esta orde, tal vez sexa austeridade. Os seus monxes rexeitaron riqueza e boato e, en conxunto, tenderon cara a unha forma de vivir máis sinxela .


Contra o costume de admitir ao monacato só a quen posuísen certos coñecementos, permitiron o ingreso dos iletrados como irmáns conversos ou leigos. A este respecto, a cultura foi o punto máis fraco do Císter. O intelectual quedaba nun segundo plano con respecto ao manual, e hai un devandito que o reflexa: "Preferimos un abade arador que orador". No entanto, os fundadores reflectiron en si inquietudes culturais e o propio San Bernardo defendía a ciencia cando servía como método para edificación dun mesmo ou do próximo...

Os cistercienses instalaron as súas casas en enclaves apartados e así contribuíron á colonización de lugares remotos, á expansión da agricultura e á adopción de novos métodos agrícolas.


O traballo manual revitalizouse e entrou a formar parte fundamental da vida do monxe, xunto coa oración. Aínda que nalgúns casos chegaron a ter colonos, eran os irmáns leigos quen se ocupaban do traballo do campo.

O propio hábito do Císter, branco, pode ser considerado como unha ruptura coa liña que seguía a corrente dominante ata a súa chegada, cuxo paradigma eran os monxes de hábitos negros de Cluny.
A austeridade tamén determinou a expresión artística e, así, as formas arquitectónicas simplificáronse. A pesar diso, as igrexas cistercienses marcan os comezos da nova arte gótica e, en ocasións, cualificouse a estes monxes como "misioneiros do gótico".


Pero, desde o punto de vista estético, o máis notable foi o feito de proscribir a decoración figurada dos templos seguindo as directrices de San Bernardo, quen consideraba que tales adornos distraían da oración. En consecuencia, esculturas e pinturas escaseaban. Adoitaba haber, en cambio, algunha imaxe da Virxe.

Como todos os afáns renovadores do home, o Císter tamén experimentou a súa decadencia. A partir do século XIII, sufriu unha relaxación dos costumes e, durante as seguintes centurias, crises de diversos tipos acabaron con moitos mosteiros. A chegada do Císter a España tivo que ver, quizais, coa petición de Afonso VII ao propio Bernardo para que os seus monxes asentásense nos dominios do monarca".

Ricardo Puente.- El Monasterio cisterciense de Sta. Mª de Gradefes.- León 1991. Páxs. 2 e 5.
Foto do mosteiro de Aciveiro (Pontevedra) de Iniciarte.

O Pantocrátor de Taüll por Juan Carlos Ortega

Desde o programa de televisión "La mitad invisible" copio a seguinte entrada:

O Pantocrátor de Sant Climent de Taüll é o símbolo do románico español. Juan Carlos Ortega pregúntase por que, a diferenza dos habitantes do século XII, vemos o románico como unha arte bela e se, en realidade, temos a verdade da visión estética. Ortega visita o Pantocrátor orixinal, no Museu Nacional d'Art de Cataluña, e a copia deste, situado precisamente na ábsida da igrexa pirenaica. Coñeceremos o simbolismo que esconde esta pintura mural e como foi o proceso de arranque e traslado das pinturas a Barcelona. E o máis importante: os motivos.



11/01/11

Manuel Gallego, medalla de Ouro de Arquitectura


Extracto da entrevista a Manuel Gallego pola concesión da Medalla de Ouro da Arquitectura no Faro de Vigo.
O mundo recibiuno no Carballiño (Ourense) nun ano, 1936, de guerra. Unha viaxe a Lisboa converteuno en aspirante a arquitecto. Ao fina, conseguiuno e hoxe é un dos mellores de España.
A Medalla de Ouro de Arquitectura entregarase mañá en Madrid a un galego, ao creador Manuel Galego Jorreto.


-Recorda que sentiu cando lle encargaron o seu primeiro traballo ao terminar a carreira?
-Moito medo, temor. Tras acabar, estiven traballando en Madrid con Alejandro da Sota, un arquitecto pontevedrés famoso mundialmente. Traballei con el algúns anos; o que intentaba era prolongar a miña aprendizaxe. Sabía que saía da escola con coñecementos, pero que non eran suficientes para enfrontarme á realidade. A carreira acabeina en 1963 e a primeira obra fíxena en 1966-1967.

-Ese medo foise?
-O medo desaparece, pero non desaparece a responsabilidade e preocupación.

-Con 40 anos de experiencia, a arquitectura é...
-Arquitectura é facer unha construción emocionante e, se se pode, poética.

-Soa difícil.
-Conséguese moitas veces e por bastante xente, non por min. Hai arquitecturas moi fermosas e a xente pasa polo seu lado sen miralas.

-Contratar proxectos polo nome do arquitecto, é un mal da sociedade actual?
-Se o arquitecto é bo, está ben. Pero o procedemento non é fácil. Hai que pensar por que se fai a obra, se é racional, se se vai a vivir ben nela, se vai estragar o sitio...

-Vostede defende facer arquitectura cunha “mínima decencia”, coa luz como peza básica. Que opina de emblemas onde non entra o aire exterior?
-Sigo pensando que o edificio faise para ser vivido. Se fago unha oficina e pretendo que viva ben o que traballa nela, como a vou a facer pechada se teñen diante un mar ou un xardín marabilloso? O sentido común debe estar por encima das modas.

-A sociedade ten en conta a arquitectura?
-Relativamente pouco; máis ben tirando a nada (risas).

-Por ignorancia?
-Non, porque o mundo anda doutra banda. En xeral, a arquitectura colocouse nun star system. Interesa o rechamante, a que chama a atención. As cidades buscan ter un elemento atractivo. Isto que digo é unha descrición dos feitos, non un xuízo de valor. Búscase o espectáculo, o que máis chame a atención. Hoxe o coñecido non é por autoridade, e moito menos moral, senón porque ten audiencia.

-Vostede falaba antes da arquitectura espectáculo. Un proxecto faraónico en Galicia é a Cidade da Cultura. Que opina acerca da mesma?
-Non entendo como unha cousa pódese desviar tanto en tempo e diñeiro e que todo o mundo acépteo.

-O seu último proxecto é o Museo das Peregrinacións enSantiago de Compostela reformando o antigo edificio do Banco de España.
-É un proxecto moi complicado; nun sitio moi singular na Praza dás Platerías, xunto á Catedral. Traballamos nun edificio antigo que non é precisamente moi fermoso e que teño que respectar. Comprometinme a iso. O proxecto cambia radicalmente o espazo, móveo por dentro e modifícalle a fachada. Estou agora con ese proxecto, a ver como saímos. Imos con atraso porque apareceron restos arqueolóxicos que nos pararon unha parte da obra. Foi moi complicado, pero l ano que vén estará acabado.

Ribadeo: otro problema co Patrimonio

Texto, incompleto, e foto vía El País.

Os veciños considérana, xunto á Praia dás Catedrais, un dos maiores atractivos de Ribadeo, á vez que o vestixio máis sobresaliente -tamén o máis fantasioso- da riqueza alcanzada polos indianos da zona alén do Atlántico, que deixou a costa oriental de Lugo e da veciña Asturias salpicada de arquitecturas extravagantes. Pero ese símbolo, a Torre dos Moreno, veciña ao Pazo de Ibáñez -a vella residencia do Marqués de Sargadelos, hoxe sede do Concello- ameaza con vir abaixo. En poucos días será apontoada, porque a rúa á que dá, o Cantón dos Moreno, é das máis transitadas de Ribadeo e o alcalde Fernado Suárez, do BNG, teme que á perda de patrimonio haxa que sumar unha desgraza persoal. Así o recomenda o enésimo informe solicitado polo Concello ao arquitecto José Calaver: o edificio podería derrubarse en calquera momento.
Que a reparación da Torre dous Moreno era de máxima urxencia asumírono, no seu momento, os sucesivos alcaldes de Ribadeo, pero ningún conseguiu resolver o principal obstáculo para emprender as obras: a propiedade privada e fragmentada do edificio, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994. O actual mandatario intento seguir a senda deixada polos seus predecesores nun convenio asinado polo Concello cos propietarios en 1996. Nel, o consistorio municipal comprometíase a rehabilitar a Torre a cambio de que os propietarios -diseminados por España e Latinoamérica, aínda que dalgúns se perdeu a pista- cedesen parte da súa propiedade. E é que para que o Concello e a Xunta poidan rehabilitar o edificio, é imprescindible que polo menos o 51% da titularidade do mesmo sexa pública. Pero a pesar do risco de derrube, os acordos cos donos non permitiron conseguir máis de 21% da propiedade. Por iso o alcalde tomou a medida máis drástica desde que a deterioración da Torre empezou a agravarse a finais dos oitenta: romper os compromisos cos donos -o dos anos noventa, pero tamén o que o propio alcalde logrou en 2008, pouco logo de chegar ao poder- para facer valer a categoría BIC do monumento para salvalo da ruína. "A partir de agora a relación entre o Concello e os propietarios vai cambiar de xeito radical", asegura Suárez. Polo momento descarta a expropiación, porque suporía engadir o gasto das indemnizacións ao da futura rehabilitación.

10/01/11

A pintura románica

A xeito de resume da pintura románica, imos ver esta presentación de Alberto Rubio (IES Julio Caro Baroja, Fuenlabrada)


04/01/11

Goya: novos datos de "Saturno devorando ao seu fillo"


Os ollos desorbitados de Saturno que vemos hoxe nas Pinturas Negras non son fieis ao orixinal, nin tan terribles como os que Goya pintou; o Can semihundido non ten a mirada perdida, senón que contemplaba o afastado voo de dúas aves; tampouco o "Duelo a garrotazos" estableceuse xamais entre dous homes coas pernas enterradas, nunha énfase cainita tan querido polos agoreiros das dúas Españas. Non. Ata hoxe vimos as Pinturas Negras cos ollos equivocados por culpa dunha restauración excesiva e desgraciada que seguiu á pouco coidadosa transferencia das obras do muro ao lenzo. Pero hoxe, por fin, temos medios para unha visita ao seu estado orixinal: as fotos de Jean Laurent.

Fieis á semántica do tempo ido, as imaxes en branco e negro permítennos asomarnos á Quinta do Xordo fai case século e medio, cando as enigmáticas pinturas permanecían nos seus muros. A historiografía coñeceu case sempre malas copias desas fotos, pero desde que apareceron algúns orixinais en 1985 ata 2009 non se terminou o proceso de recuperación e dixitalización das vellas, danadas placas de cristal, que conserva o Instituto do Patrimonio Cultural de España. Por primeira vez temos acceso a detalles fundamentais do seu contido. E as consecuencias para a interpretación das Pinturas Negras sucederanse.


Texto completa da nova e foto vía ABC.

02/01/11

Os Ancares: un salientable blog

Preséntovos hoxe o blog Os Ancares que defende a necesidade de darlle a estas terras a declaración de Parque Natural Etnográfico. Son uns concellos espectaculares na súa historia, no seu patrimonio histórico, arquitectónico, natural e etnográfico. Xentes duras, traballadoras e acolledoras. Nese magnífico blog, pódense contemplar os seguintes vídeos. Non deixedes e velos, con cariño e admiración.