27/7/09

Roberto González Fernández. Punto e seguido


Dos agasallos recibidos ultimamente o que máis ilusión me fixo foi Roberto González Fernández. Pinto e seguido, editado polo Concello de Ferrol no 2007.

Xa sabedes canto aprecio a obra de Roberto González e a calidade da súa páxina web. Neste extraordinario catálogo feito co gallo da súa última gran exposición en Galicia, contamos cun magnífico artigo de Xosé Manuel Lens, un recorrido póla súa obra da man de Antonio Garrido, unha análise do seu sitio web de Javier Mazorra, un estudo dos seus traballos en vídeo asinado por David Trullo, así como as claves da súa biografía e da súa obra. E sempre con magníficas reproducións. Todo un luxo de libro.



Ilustracións vía: RGF

No hay comentarios: