Como diría Artechachi é que me encantan os hórreos. E ten razón xa que me parecen unha moi interesante manifestación da arquitectura popular; unha manifestación da lóxica arquitectónica nestas pequenas edificacións. Pois ben, na parroquia de Louro (Muros, A Coruña) moi preto de fermosas praias cheas de turistas torrándose ao sol, podemos atopar unha pequena aldea chea de casas de pedra e unha magnífica colección de hórreos. Tamén poderíamos apreciar as barbaridades arquitectónicas recentemente feitas, mais as deixaremos para outra ocasión. Creo non errar se datamos estes hórreos desde o século XVII, sendo gran parte deles do XIX. Fixádevos na súa tipoloxía, nas súas cubertas, nos seus adornos e nos seus pés.
Mais tamén poderíamos fixarnos en que estes hórreos poden servir como soporte de farois, de antenas de televisión e das cordas para tender a roupa.
3 comentarios:
Un reportaje estupendo de lo que parece ser una manifestación de arquitectura popular jeje
Por cierto ese hórreo con ese farolillo no estaba nada mal...?¿
Está fantástico, non si?
Botaba en falta os teus comentarios. Agora que ti regresas eu marcho unha semana. Ata pronto.
Pues que tengas un viaje agradable y artístico!! (que siempre viene bien para Iniciarte. Por cierto te fijaste en el elevado número de tus visitantes? que pasada...)
Esperaré impaciente tu regreso.
Besos de despedida!!
Publicar un comentario