3/9/08

A nova ponte sobre o Gran Canal de Venecia


Sen acto formal de inauguración, nos vindeiros días abrirase á cidadanía a nova ponte sobre o Gran Canal de Venecia obra do arquitecto?-enxeñeiro español Santiago Calatrava. O valenciano, quen definiu a súa obra obra coma “unha pasarela de luz”, deseñou unha pasarela de 94 metros, en aceiro, bronce e vidro, e que progresivamente vaise ensanchando desde os tres metros ata os nove no centro para que os viandantes poidan deterse a contemplar a cidade.

Sobre o Gran Canal tan só había, ata agora, tres pontes: o Rialto, de 1588-1591 en pedra, a ponte da Academia, en madeira de 1933 que reemplazara a outro de ferro de 1854, e a ponte dos Descalzos de 1934 e en pedra.

A obra de Calatrava é polémica, en primeiro lugar, polo seu custe e en segundo lugar polo seu impacto estético. Sobre o primeiro dicir que as novas obras teñen novos prezos e sobre o segundo, e a pesar que non me gusta especialmente o enxeñeiro español, considero que as obras deben responder ao tempo no que se realizan.

Non deixedes de visitar a páxina oficial de Calatrava , a noticia en La Opinión, en El País, ou a información da Wikipedia.
Foto: Vía locuraviajes.com.

No hay comentarios: