“(…) A Alhambra foi máis que un palacio, era unha cidade real a escala reducida, cos seus edificios para vivendas e oficinas administrativas, os seus cuarteis, cortes, mesquitas, escolas, baños, cemiterios e xardíns. De todo iso, só se conserva a parte que representa a residencial real propiamente dita. E case é un milagre que se conserve, pois a pesar de todo o seu esplendor, a súa construción é tan lixeira, feita con tanta despreocupación. A fortaleza como tal é forte, tiña que selo, pero os edificios interiores non foron levantados para durar eternamente. Isto contrastaría con todo o pensamento islámico, coa súa conciencia da caducidade das cousas; a vivenda do soberano é unha casa para certo espazo de tempo. Esta é só unha das moitas contradiccións que ofrece a Alhambra, se partimos das regras ás que estamos acostumados nas construcións principescas do resto de Europa. Pero precisamente este “ser distinto” esconde o sentido da arquitectura granadina.
Contrastando con todas as residencias principescas da Europa cristiá, a Alhambra non ten fachada, non ten eixe principal, arredor do cal estean dispostos os edificios; non hai aliñamento de salas polas que se vai pasando dunha noutra, desde o preludio ata a apoteose final. En lugar diso, éntrase en cada un dos patios interiores, arredor dos cales se agrupan os cuartos como por casualidade, pasando por corredores esvaídos; nunca se pode sospeitar que mundos poden ocultarse aínda tras os muros. É case como no conto oriental do camiñante que é lanzado a un pozo de sal e encontra nel un palacio subterráneo con verxeis e virxes, onde vive felizmente durante doce anos ata que un día abre unha portela esquecida que o conduce a un palacio aínda máis magnífico…”

Titus Buckhardt. A civilización hispanoárabe. Madrid, Alianza, 1995, pp. 229.
Máis información na páxina web oficial, na web do Patronato, en Arteguías ou na Wikipedia. Tamén podedes facer unha visita virtual en 3D.
No hay comentarios:
Publicar un comentario