Alcazaba é, xunto con Torres Bermejas, a parte máis antiga da Alhambra. Pénsase que antes da súa construción e a chegada dos musulmáns a Granada existiron diversas edificacións na mesma zona. A primeira noticia que temos da existencia da Alcazaba granadina data do século IX, no que se supón que foi construída por Sawwar ben Hamdun durante a loita entre árabes e muladíes.
O conxunto actual debémosllo a Mohamed I, quen amurallou o anterior castelo, levantou defensas, tres novas torres (a Crebada, a da Homenaxe e a da Vea), co que converteu á Alcazaba nunha auténtica fortaleza, onde o monarca establecería a residencia real, función que conservou no reinado do seu fillo Mohamed II ata que os palacios foron terminados. A partir de entón quedou como fortaleza de índole puramente militar.
Fotos: INICIARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario