Foron mandados construír por Muhammad II. O Palacio e os xardíns eran a residencia de descanso dos sultáns, tendo así maior independencia e un maior achegamento á natureza. O conxunto estivo formado por unha finca agrícola en dúas terrazas, tendo a inferior dous patios rectangulares. Ao fondo do segundo patio ábrese a porta da área palatina, organizada en torno ao patio da Acequia. Aos lados do patio estaba o edifico destinado ás lexítimas esposas do sultán.
A pesar das moitas modificacións padecidas, o Xeneralife continúa a ter o aspecto dun xardín no senso coránico do mesmo, é dicir, dun xardín do paraíso. Aquí a vexetación e a auga apodéranse da arquitectura.
Fotos: INICIARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario