3/10/22

O circo romano de Toledo

 


O circo romano de Toledo foi construído durante o século I, durante o mandato do emperador  Octavio Augusto ou o emperador  Tiberio. Posiblemente, a súa construción quedou incluída dentro do plan que o emperador emprendeu por todo o Imperio para dotar a todas as grandes cidades de edificios públicos, como termas, teatros, anfiteatros, ou foros, co obxectivo de potenciar a romanización nestas zonas. En concreto, o circo romano situouse no norte da cidade romana.

A pesar de estar pouco investigado, xa que máis da metade da infraestrutura aínda permanece sen escavar, as súas similitudes con outros circos da península, como o de  Augusta  Emerita, permiten afirmar que o seu aforo debía ser entre os 15.000 ou 30.000 espectadores, o que inicialmente resultou suficiente para cubrir as necesidades da urbe así como doutros pobos dos arredores. O circo romano tiña unhas dimensións de 422 metros de longo por uns 112 metros de ancho.



Dadas as dimensións do circo, como sucedeu en case todas as cidades  hispanorromanas, este situábase nos arredores do recinto amurallado; é seguro que desde a cidade existise unha calzada dirección ao circo, a cal non foi atopada.



O declive (…) chegou coa chegada do cristianismo, que rexeitaba este tipo de eventos  púdicos. Finalmente, foi coa chegada da dominación visigoda cando acabou abandonándose. A partir deste intre, comezará o espolio dos perpiaños de granito que cubrían o Opus  Camenticium para  reaprovecharlo noutras construcións. Este espolio estenderase durante practicamente toda a Alta Idade Media.



Durante a etapa musulmá, polo menos inicialmente, as bancadas do Circo foron utilizados por comerciantes para situar aí os seus establecementos. Máis tarde, os árabes utilizaron o circo como cemiterio, do que poden observarse a primeira ollada moitos vestixios. Actualmente, o cemiterio medieval permanece aí, o que converte ao parque arqueolóxico nun importante cemiterio medieval.

Durante a Baixa Idade Media, é posible que acabase o espolio, aínda que os edificios quedaron abandonados nos arredores da cidade medieval, o que facilitou que os anos os sepultasen e que os Toledanos esquecesen a localización dos mesmos.

O texto procede da Wikipedia (corrixín un erro cronolóxico). Información municipal sobre proxectos de mellora en 

CIRCO ROMANO DE TOLEDO PROYECTO DE ACONDICIONAMIENTO YPUESTA EN VALOR


Información con fotografías antigas en Toledo olvidado.

Fotos: INICIARTE

No hay comentarios: