9/5/22

Antonio Palacios. Central Hidroeléctrica do Tambre (Noia, A Coruña)

 


D
espois de varios intentos, por fin, puiden achegarme ata esta obra de Antonio Palacios, o chamado “construtor de Madrid”.




Situada nunha contorna marabillosa, preto da desembocadura do Tambre, a escasos quilómetros damedieval Ponte Nafonso, atópase este conxunto de edificios que orixinariamente, ademais de central hidroeléctrica, incluía a chamada “ Casa do Xefe”, a dos mestres e unha pequena escola para os fillos e fillas dos traballadores. Hoxe en día conforman un conxunto de hostalería.







A principios dos anos 20 o xa exitoso arquitecto recibiu o encargo de remodelar un antigo secadoiro de peixe dos monxes cistercienses ás beiras do Tambre que fornecía ao Mosteiro de Toxosoutos.





O resultado foi unha central hidroeléctrica, de marcada linguaxe rexionalista e non modernista, con certos aires de edificación relixiosa que o arquitecto rematou en 1924.

Segundo nos conta GCiencia:

A central hidroeléctrica abastécese do encoro de Barrié de la Maza sobre o río Tambre e foi promovida pola Sociedade Galega de Electricidade. De feito, está considerado o primeiro aproveitamento industrial de Galicia destinado os grandes consumos. O resultado, fronte ás grandes presas que produciron un inmenso impacto ambiental en ríos como o Miño ou o Sil, é unha integración na paisaxe dunha maneira moi afastada da posterior tradición dos saltos hidroeléctricos construídos durante o chamado ‘desenvolvismo’. Por desgraza, se o río Tambre foi en tempos rico en  lampreas e salmóns, a construción do encoro rematoou con esta fauna fluvial”.








O conxunto de edificios están incluídos no Plan Nacional de Turismo Industrial. Ademais a central está en funcionamento.




No catálogo da exposición “Antonio Palacios. Constructor de Madrid” , Iglesias Veiga afirma que nesta central hidroeléctrica é onde por vez primeira o arquitecto amosa a súa linguaxe rexionalista pois “para esta parcela da súa creación Antonio Palacios busca un expresionismo primitivista, marcado polo brutal tratamento do granito e unha poderosa acumulación de volumes que, nunha virulenta evolución, acada nas últimas obras un vigor desbordante” (páxina 220)





O mesmo autor  afirma "O pintoresco emprazamento das instalacións da centrl eléctrica do Tambre (Noia) levouno a aplicar o rexionalismo a unha edificación industrial, concibida coma unha rústica igrexa románica" (páxina 227)




Información de:

José Ramón Iglesias Veiga: “Antonio Palicios: arquitecto metropolitano y arquitecto regionalista”. En Antonio Palacios. Constructor de Madrid. Madrid, 2001, pp.202-230.

GCiencia e Una idea de viaje.

Fotografías: Inicarte.

No hay comentarios: