Historia do museo
O edificio do museo foi construído entre 1931 e 1932 baixo o
patrocinio da Escola Estadounidense de Estudos Clásicos. Posteriormente, entre
1950 e 1953, engadiuse unha nova á ao museo. En 1990 sufriu un importante roubo
de 285 pezas, pero a maioría foron recuperadas en Estados Unidos case unha
década despois e devoltas ao museo en 2001. A partir de 2007 iniciouse un novo
proceso de renovación de parte das exposicións do museo que se completou en
2016.
Coleccións
O museo contén unha colección de obxectos procedentes de
xacementos arqueolóxicos da zona da Antiga Corinto de períodos comprendidos
entre a prehistoria e a época bizantina.
Da prehistoria pódense atopar obxectos procedentes do
outeiro de Koraku, en Corinto; do
outeiro de Ziguries; da Antiga Corinto e de Goniá.
Outra sala expón os obxectos de épocas comprendidas entre o
período xeométrico e o período
helenístico.
Por outra banda están os achados de época romana, bizantina e da época na que Corinto estivo
baixo dominio dos francos.
Tamén se poden achar restos do santuario de Asclepio e
outros obxectos procedentes de tumbas dos primeiros cristiáns.
Bisturís do santurio de Asclepio
Diversas partes do corpo (pernas, peitos, penes, brazos) entregados como ofrendas no santuario de Asclepio
O patio do museo acolle unha colección de estatuas de época
romana, así como elementos arquitectónicos de diversos edificios —entre eles os
dunha antiga sinagoga xudea— e inscricións
epigráficas gregas e romanas.
Resto arqueolóxicos romanos
Entre os obxectos expostos destacados atópanse dous kuros procedentes da cova de Klenia, preto da
antiga Tenea, o «sartego de Jiliomodi», a estatua chamada «león de Koraku», que
formaba parte dun monumento funerario e unha
Esfinge de época arcaica.
Texto: Wikipedia.
Fotos: Iniciarte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario