Semanas atrás, por fin, visitamos o Centro Niemeyer. O texto é da web da institución:
O Centro Niemeyer é unha porta aberta a todas as artes e manifestacións culturais. A música, o cinema, o teatro, a danza, as exposicións ou a palabra son os protagonistas dunha programación cultural multidisciplinar que pretende chegar a todos os públicos.
Inaugurado en 2011, é a única obra en España do xenial arquitecto brasileiro Óscar Niemeyer. Durante todo o ano é posible descubrir os seus espazos e a súa historia en detalle a través das visitas guiadas.
Óscar Niemeyer foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias en 1989. En 2006 decide sumarse aos actos conmemorativos do 25º aniversario da Fundación Príncipe de Asturias e sobre un papel en branco comeza a trazar as primeiras curvas do Centro Niemeyer.
Desde a colocación da primeira pedra en 2008, o Centro Niemeyer comezou a poñer en práctica a súa filosofía con diferentes actividades culturais que tiveron unha repercusión a nivel mundial. A construción do centro non foi soamente en formigón: desde os seus inicios, o Centro Niemeyer construíu unha comunidade ilusionada, activa e identificada coa visión e a personalidade da marca Centro Niemeyer
O proxecto non se resume exclusivamente na gran riqueza dos espectáculos, exposicións e proxectos que levan a cabo no seu interior, senón que tamén reside na súa apertura total a todo tipo de público, así como ás diferentes manifestacións artísticas e culturais. Unha apertura diversa desde a ría avilesina ao resto do mundo, comprometida co coñecemento e a creatividade.
Torre
Constitúe un miradoiro sobre a Ría e a cidade de Avilés. Con 20 metros de altura, posúe un acceso helicoidal exterior que se abraza sobre unha columna basee para chegar ao elemento superior, un disco rodeado por ventás.
Edificio Polivalente
Cunha estética na que domina a liña recta, este espazo cumpre a función de conectar visualmente os dous elementos de maior envergadura do conxunto arquitectónico: o Auditorio e a Cúpula. Nel atópanse a sala do Cinema, espazos para reunións e conferencias, a cafetería, ténda-libraría e a área de atención ao usuario.
Auditorio
Este edificio é un dos elementos máis sobresalientes do conxunto arquitectónico. Alcanza os 26 metros de altura e conta cun aforo próximo ás mil persoas.
Cúpula
A Cúpula é un espazo diáfano de aproximadamente 4.000 metros cadrados destinado a exposicións e actividades artísticas de diversa índole. Trátase dunha semiesfera executada en formigón proxectado en cuxo interior destaca unha lámpada de forma redondeada deseñada polo propio Óscar Niemeyer, así como unha impoñente escaleira helicoidal de gran valor plástico.
Praza
Óscar Niemeyer expuxo este espazo de 22.000 metros cadrados con vocación de apertura social. Trátase dun lugar de conexión coa contorna, aberto ao público e destinado a actividades de carácter lúdico e cultural.
Unha gran praza aberta a todos os homes e mulleres do mundo, como un gran palco de teatro sobre a ría e a cidade vella, segundo as súas propias palabras.
FOTOS: INICIARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario