O exterior responde á organización interna: centran a atención a porta principal e a sur, e os poderosos volumes da impresionante cabeceira. A maior forza correspóndelle ao enorme cubo semicircular da cripta que lles serve de base ao deambulatorio e á capela maior; o recurso á cabeceira da catedral de Ávila é case un tópico obrigado. As masas semicirculares non só predominan no muro da cripta, senón tamén na cabeceira da igrexa alta, interrompidas só por pequenos contrafortes prismáticos e por ventas sobrias e sinxelas. A ausencia, case total, de decoración realza e potencia as liñas e volumes graduados de cada parte da cabeceira. O conxunto resulta claro, audaz e excepcional en Galicia. Séguelle a distancia a masa cúbica das torres, en especial a do norte, que sobresae por riba das cubertas do templo e que carece de ornamentación.
Na cabeceira e no cruceiro destaca a rexa gradación dos
alicerces dos muros. Estes articúlanse por medio de contrafortes prismáticos
que se levantan onde estean os arcos do interior. No segundo tramo do muro
norte téndese un arco de medio punto entre os contrafortes e debaixo del ábrese
a porta máis sinxela do edificio. Esta porta moldura o arco con bocel e media
cana, e está descentrada con respecto ao eixe do tramo no que se abre. Pouco
ten que ver coas demais portadas. Os muros rematan con canzorros practicamente
lisos, tabicas sen decorar (agás na capela sur, pois alí algunha presenta cuadrifolios
estilizados) e cubertas en nacela.
No extremo norte do cruceiro ábrese a porta que debería
comunicar co mosteiro. Destaca lixeiramente do muro e ábrese entre dous
contrafortes. O arco apoia nunha columna por lado con capiteis vexetais, dos
cales falta un, e cimacios con palma mateanas. O arco, semicircular, moldúrase
cun bocel vigoroso de medias canas. O torna-chuvias ornaméntase con follas
radiais esquemáticas reviradas no remate. Os deteriorados ángulos salientes de
anxos con carteis teñen tamén unha clara filiación mateana e notable calidade
na talla. Entre os contrafortes téndese un beirado sinxelo con canzorros
vexetais e arriba ábrese un rosetón con decoración cruciforme e óculo con follas coma as da chambrana.
A PORTA SUR
O flanco sur organízase de maneira similar ao norte e debe
ter un pórtico de madeira sinxelo esteado nas ménsulas colocadas aos lados dos
contrafortes. No tramo inmediato á fachada principal ábrese a porta de mellor
calidade escultórica de todo o edificio.
As dúas arquivoltas, de medio punto, posúen unha decoración mateana extraordinaria. A maior presenta cuadrifolias espléndidas de labra carnosa, con trépano e voluminoso botón central; este botón foi absurda e barbaramente mutilado en todas, menos nunha.
O arco menor presídeo un Cristo sedente que vendí e sostén un libro coa man esquerda apoiado no xeonllo; a roupa deixa translucir a anatomía. A cada lado dispóñense tres anxos de ás estendidas, coas mans en actitude de oración e unha calidade notable na roupa. Todas as figuras foron mutiladas, especialmente as cabezas. Ten torna-chuvias con follas radiais de volume considerable e puntos trepanados revirados no remate.

Os demais elementos da porta foron espoliados: desapareceron
as catro columnas, os capiteis e as tres figuras que ían encaixadas no tímpano.
Os ángulos salintes, de anxos con carteis, tamén foron mutilados. As únicas pezas que se conservan son os cimacios, decorados con follas e froitas vizosas quen penduran dun talo ondulante. A calidade da talla é grande e claramente mateana polo tema, disposición e tratamento. Débese, probablemente, ao escultor que labrou unha parte das pezas da porta principal, aínda que nesta porta sur non parece que lle axudasen os seus colaboradores, feito que lle dá ao conxunto unha homoxeneidade e un valor maior.
Tímpano coas pezas orixinais, hoxe nun museo catalán
Os ángulos salintes, de anxos con carteis, tamén foron mutilados. As únicas pezas que se conservan son os cimacios, decorados con follas e froitas vizosas quen penduran dun talo ondulante. A calidade da talla é grande e claramente mateana polo tema, disposición e tratamento. Débese, probablemente, ao escultor que labrou unha parte das pezas da porta principal, aínda que nesta porta sur non parece que lle axudasen os seus colaboradores, feito que lle dá ao conxunto unha homoxeneidade e un valor maior.
Ramón Yzquierdo Perrín. Arte protogótica. En Galicia XI.
Arte. Proxecto Galicia. Hércules Ediciones. pp 170-177
Fotografías: INICIARTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario