Esta igrexa tamén denominada de San Nicolao de Portomarín, e
antiguamente de San Xoán de Malta, é unha igrexa-fortaleza construída entre os
séculos XII e XIII. O exterior da igrexa destaca polo seu aspecto de fortaleza,
xustificado pola situación estratéxica que ocupa ao longo do río Miño,
destinada a ser castelo da Orde de San Xoán de Xerusalén, á vez que igrexa.
Igrexa de san Xoán de Portomarín antes de 1960
Como introdución a esta singular edificación vexamos algo sobre o seu traslado, en 1960, dende a súa ubicación orixinal ata a nova por mor da contrución do encoro de Belesar.
“… a edificación de san Xoán de Portomarín converteuse nun
obradoiro importante no que colaboraron unha serie de canteiros que aprenderon
do mestre e que difundiron este estilo por amplas zonas de Lugo en datas que
xiran arredor do 1200 e que chegan ata finais do primeiro cuarto, ou incluso
primeiro terzo, do século XIII, época na que conviven, loxicamente, con outras
orientacións artísticas que daquela se desenvolveron.
San Xoán de Portomarín, tamén coñecido como San Nicolao, ata
que se trasladou hai máis de vintecinco anos, na marxe dereita do río Miño, moi
preto de onde desembocaba a ponte vella. O traslado á nova poboación e a
restauración fíxose segundo un proxecto do arquitecto Pons Sorolla, datado no
1955, que decidiu colocalo “presidindo a Praza Maior” da nova vila, co que
pretendía “garantir a boa visibilidade do monumento en todas as fachadas con
espazos non excesivos para que non perdese o aspecto de mole de impoñente
grandiosidade en relación coa vila.
Trasladaranse todos os materiais vistos que compoñen a
igrexa actual, agás os de cuberta e Tellado, e os pertencentes á sancristía
apegada… O retablo actual, do que se prescindirá na montaxe nova para deixar
visible a ábsida, desmontarase coidadosamente e poñerase á disposición do
bispado de Lugo.
“(Para levantar as reas de pedra ordénase que) se anoten as
cotas exactas necesarias e que se proceda á numeración de perpiaños por
ringleiras de abaixo para arriba… Completarase este labor previo coa execución
de armazóns lixeiras de táboa que conserven con exactitude o trazado de todos
os arcos formeiros e faixóns, e que logo servirán de base para a construción da
armazón de carga para a montaxe. O mesmo se fará coas arquivoltas das portadas
e coa planta curvada da ábsida: hai que marcar nas armazóns de madeira o lugar
das xuntas das doelas e coa planta curvada da ábsida…
(…) a masa de cal que unía os perpiaños era de moita dureza
e tiña unas xuntas moi finas. O grao de descomposición de moitos perpiaños fai
prever a facilidade de rotura, por iso cómpre apuntar aquí a moi posible
necesidade (…) de facer o desmonte baleirando a punteiro os interiores do muro,
rea por rea, e levantando os perpiaños por medio de cuñas de madeira de
carballo despois dunha coidadosa limpeza da xunta exterior…"
A colocación de cada serie de perpiaños que se realice
durante un período de catro horas como máximo require a lavadura de paramentos
con auga abundante para evitar todo fragmento de argamasa na superficie”.
(…) Especialmente complexo foi o traslado da portas e para
iso o arquitecto Pons Sorolla dispuxo medidas especiais: “Nas portadas o
problema pode ser moito máis grave pola
boa calidade da escultura e prevese igualmente a necesidade de revestir con
capa de xelatina as parte decoradas; sobre esta capa hai que formar bloques de
escaiola cortados segundo o plano da xunta de cada doela e perpiaño, e
desmontar e montar as pezas cos seus bloques de protección unidos”.
Estes e outros parágrafos parecidos salvaron o monumento, pero non o trazado urbano nin o lugar; as primeiras referencias documentais á localización primitiva remóntanse ao século X. Daquela pertencíalles aos país de san Rosendo e nos seus últimos anos o rei Vermudo II doouno á igrexa de Santiago. Ao longo do século XII pasou por diversas mans, ata que lle foi entregado á orde de Santiago, tal e como figura en diferentes documentos. A finais desta centuria, Afonso IX cambia a súa propiedade por outra e dóalla á orde de san Xoán de Xerusalén. En ningún documento se alude ao templo e só no ano 1461 Henrique IV autoriza a subir o portádego en Portomarín para que, cos beneficios que se obteñan, os comendadores poidan reparar a igrexa, o hospital adxunto e manter o Camiño de Santiago.
Ramón Yzquierdo Perrín. “A diáspora dos Mestres do obradoiro
de Mateo” En Galicia. Arte. Tomo XI. Arte medieval (II) pp 139-252. Cita das pp
178-179 e 181-182.
Para saber máis do traslado e ver boas fotos do antes e do
despois, lede este artigo de Francisco Javier Ocaña Eiroa.
2 comentarios:
Interesantísimo, mestre; pero cómo dices, y aunque ya conocía todo este entramado, la desgracia fue no haber recuperado o conseguir que su emplazamiento fuera idéntico al dejado bajo las aguas. Ya que no sólo es el edificio, también su emplazamiento y todo aquello que subyace alrededor del mismo.
¿Qué se quedó bajo tantos estratos muy por debajo? ya que sabemos que siempre o casi siempre que se construye un templo de determinadas características en esos tiempos, hay algo que entierra o esconde, superponiéndose a otros vestigios que por interés o negligencia tratan de "olvidar" o asimilar...
Saludos
Muy interesante. Todos los detalles se pueden apreciar más con tu descripción. Abrazo y gracias
Publicar un comentario