Na exposición “Lusitania romana, origen de dos pueblos” do Museo Arqueolóxico Nacional puiden
contemplar unha das xoias da arqueoloxía lusa: o guerreiro do castro do
Lesenho. Este guerreiro na súa réplica recibe ao visita no exterior do museo e,
xa no interior, pódese contemplar o orixinal. Considero que non está exposto da
mellor forma posible xa que a súa visión non pode ser completa… e xa que estou
criticón… tampouco entende iso de “dos pueblos”. Pero en fin…
Esta figura foi atopada no século XVIII no Castro do Lesenho
(Campos, Boticas) no norte de Portugal. Representa a un guerreiro galaico da
Idade do Ferro realizada en granito e depositada, actualmente, no Museu de
Arqueologia de Lisboa.
Forma parte dun conxunto de catro estatua guerreiras que
constitúen o achádego máis importante realizado neste castro situado a máis de
mil metro de altura. Segundo consta na súa ficha museística podería representar
unha imaxe dunha divindade, dun heroe ou dun príncipe da civilización castrexa.
Nesta peza pódense apreciar as características destes
guerreiros castrexos: figuras exentas con atributos militares que sostén unha
caetra, empuñando unha espada curta e con xoias no brazo e no pescozo con
vestimenta curta.
Para máis información podedes consultar a Portugal nun mapa, no Centro de Europeo de Documentación da escultura Castrexa ou na web do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica,
No hay comentarios:
Publicar un comentario