Para rematar esta pequena
serie sobre estadios da antiga Grecia (xa sei que non están todos:
Delfos…) imos adicar unas liñas ao estadio de Mesene, a antiga capital de Mesenia.
Xa saberedes que considero a esta cidade como a sorpresa do Peloponeso.
O Estadio sitúase ao sur da cidade, estando precedido, e
case rodeado pola palestra e o ximnasio (non escribiremos deles aquí). Ao estaren
na parte baixa da colina onde se ubican os restos arqueolóxicos, a súa contemplación desde o alto produce unha
sensación maravillosa pois case podemos
imaxinar Esparta ao fondo do val.
O Estadio que debe estar preto dos douscentos metro de
longo, estivo en parte rodeado de gradas e sen non me lembro mal das
explicacións de Lefteris, extraordinario guía, orixinalmente non había gradas
polo que os habitantes da pole sentábanse directamente sobre o chan para ter
unha maior comunicación coa Terra. Cos cartos dun rico local, construíronse
gradas na metade do estadio.
Ao igual ca no Estadio do Olimpia os habitantes máis
importantes da pole tiñan asentos reservados na primeira ringleira.
As letrinas dos atletas
Aínda hoxe en día podemos contemplar os parapetos que
axudaban a consolidar os terreos que rodeaban a pista deportiva.
Remata o Estadio un monumento funerario, cal templo dórico,
que Iniciarte presentarávolo en outono.
Os baños dos atletas en proceso de escavación (febreiro de 2015)
Fotos de INICIARTE:
No hay comentarios:
Publicar un comentario