Na zona leste de Sicilia, destaca, para os amantes da arquitectura e da arte en xeral, a vila de Taormina: fermosa e altiva. Ademais das súas rúas, prazas, terrazas, igrexas, vivendas, hai que subliñar a importancia do seu teatro grego que, se ben non é o maior da illa xa que para iso xa está o de Siracusa a pesar do diámetro de
Foi edificado polos habitantes da colonia grega de Tautomention, a máis de
A pesar da súa orixe grega, os restos que hoxe podemos gozar teñen máis de romanos que de helénicos. Así nos século I e II, cando Sicilia xa formaba parte do Imperio, foi modificado en toda a súa estrutura: nos accesos, coas impoñentes bóvedas, no escenario (xorden os ladrillos), no vomitorios e nas zonas máis elevadas da cávea (presenza de bóvedas que permitían gañar altura), ademais alterouse a cávea para permitir os espectáculos con gladiadores, as batallas navais ou naumachie, os espectáculos de caza, venationes. Tamén coa reforma romana, foron construídos pórticos para rematar a cávea.
A parte traseira do teatro, a que mira á cidade, tiña un aspecto monumental e estivo decorado con frisos, frescos e esculturas. Tamén detrás da escena había un pórtico con columnata nos que se reunían os espectadores.
Na época imperial a cávea daba cabida a máis de 5.000 espectadores.
Ao igual que outros importantes monumentos, o Teatro de Taormina, foi espoliado como canteira durante moitos anos, mesmo parece que as columnas da catedral proceden da escena do teatro. Sen dúbida unha das maiores atraccións turísticas de Sicilia.
E para rematar, dous pequenos vídeos caseiros:
Esta entrada vai dedicada a Isabel, compañeira de viaxe.
4 comentarios:
Sicia para mí tiene el encanto y la sabiduría de la mezcla de culturas.
Posiblemente la ciudad de Taormina tenga la característica de dejar impregnado en el visitante la fiestas de color y el aroma de lo antiguo.
Estupendo trabajo, como siempre.
Perdón, queria decir SICILIA
Eu estiven fai dous meses en Taormina e encantoume. O teatro é impresionante a as vistas dende arriba son marabillosas. Quizais fun nunha mala época, en pleno mes de agosto: moita calor e demasiado turismo. Sicilia toda ten moitísimo encanto! Bonita entrada, traeme lindos recordos!
Para as dúas (Pilar e Sabela) que vos encanta Sicilia: nas vindeiras semanas haberá bastantes entradas sobre o seu patrimonio que serán alternadas con algunhas de Berlín.
Saúdos.
Publicar un comentario