A cidade australiana de Melbourne resulta impactante entre
outros motivos pola forza da súa característica cosntrución de rañaceos. Nesta
ligazón da Wikipedia podedes ver algún dos máis sobranceiros. De camiño ao
barrio de Santa Kilda atopámonos coa torre The Icon.
O estudo de arquitectura JCB e o artista Matthew Johnson deseñaron un edificio de
apartamentos de 17 andares cunha forma moi especial, asemellando bloques de Lego
de distintas cores e diversos tamaños.
O tamaño dos bloques non é uniforme o que dá o toque
distintivo, diferente e divertido. Para dar cor ao edificio, os seus
deseñadores crearon unha malla expandida de aceiro, que bautizaron como ‘pel
viva’. Conta con 40 cores diferentes e entre a luz natural e os movementos dos
seus habitantes van cambiado de tonalidade. Mentres que pola noite
mantense tenuemente iluminada.
Foto de Michael Gazzola
Ademais de contar con 115 apartamentos dun a tres
dormitorios, ten garaxe, rocho, aparcadoiro de bicicletas e algúns comercios e
oficinas nos baixos. Ten un amplo espazo común cunha terraza ao aire libre con
vistas aos grandes parques de ao redor e a baía do Melbourne.
Foto de Michael Gazzola
É realmente un remanso de paz fronte aos rañaceos
acristalados das beiras do río Yarra.
Texto baseado en El Idealista.
Fotos: Iniciarte e Michael Gazzola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario