Este mosteiro foi fundado polo cóengo de Santiago e
bispo dimisionario de Mondoñedo, Munio Afonso, como resposta a decisións que
considerou erradas (traslado da capital da diocese de San Martiño de Mondoñedo
a Vilamaior –actual Mondoñedo-, ou acordos con Xelmírez). Para levantar este
templo, Munio Afonso adquiriu unha propiedade con destino ao seu retiro e para
unha comunidade de cóengo regulares de Santo Agostiño, a primeira comunidade desta orde en Galicia.
A escritura fundacional está
datada o 1 de setembro de 1136, ano no que morre o comitente. As obras
rematarán a principios do século XIII. Este mosteiro recibirá numerosos
privilexios e doazóns ata o século XIV. En 1548 os cóengos regulares foron
substituídos por clero secular xa que a igrexa foi convertida en colexiata.
Carlos IV, en 1791, designou prior a Pedro de Acuña e Malvar. Un ano despois
sería nomeado secretario de Estado. En 1895 foi convertida en parroquia e en
1895 declarada Monumento Nacional.
As obras principiaron pola
cabeceira, logo levantáronse os muros perimetrais e comezáronse as naves. Antes
tes de rematar as obras, Xelmírez consagrouna. Desta primeira época son os
capiteis e canzorros dos beirados das capelas laterais que son relacionables co
obradoiro de Praterías ou da igrexa de Santa Salomé. Son algo máis tardíos os
traballos correspondentes á capela maior, relacionables co obradoiro do Mestre
Mateo (por exemplo as figuras sedentes dalgúns canzorros ou o peso das almas
dalgún capitel)
Esta igrexa presenta novidades
salientables. É de planta de tres naves rematadas en tres ábsidas, esquema que
en Galicia só foi empregado en obras senlleiras. A capela maior é de planta
poligonal mentres que as laterais son semicirculares, todas teñen arcadas cegas
no seu interior. Conta con piares cruciformes que dividen o templo en cinco
tramos. A nave central é a máis longa pero a súa altura é practicamente a mesma
ca das laterais. A cubrición é con bóveda nas tres naves algo que acentuará os
gravísimos problemas de contrarrestos. Conta con arcos formeiros dobrados e
levemente peraltados.
As naves ilumínanse con fiestras abertas nos muros laterais de sobreidade ornamental con arcos de medio punto sobre columniñas e con capiteis de motivos vexetais. A nave central recibe luz grazas aos dous rosetóns que se abren na parte superior da fachada principal e sobre o arco de ingreso á capela maior.

INTERIOR
A cabeceira posúe a maior riqueza dorativa do templo. As tres capelas teñen arco de ingreso de medio punto, dobrado e de sección prismática. Dentro de cada capela hai unha arcada cega e todas presentan sen ornato e con derramo cara ao interior. A capela maior ten unha dobre arcada, sendo a inferior cega. Na superior hai unha alternancia de vans abertos e pechados e tanto neses coma na bóveda de cuarto de esfera que cobre a ábsida aínda se ven restos de pinturas murais ao fresco do século XVI.
Os capiteis dos arcos de ingreso ás capelas laterais teñen modelos no brazo norte do cruceiro da catedral. Os capiteis dos tres primeiros tramos tamén remiten á catedral e ao obradoiro de Praterías. A partir do cuarto tramo, as follas dos capiteis están vencellados á estética mateana.

Tamén nos arcos das bóvedas das
naves laterais acontece algo semellante. Os arcos torais da nave central teiman
no vinculación mateana tanto polos eixes peraltados como polos puntos
trepanados.
EXTERIOR
Da construción primitava, a fachada principal só conserva a metade inferior. A porta, de dobre arquivolta de medio punto adornada con molduras, conta con senllos contrafortes prismáticos. A parte superior da fachada carece de interese pois o antigo rosetón foi sustitído. Sobre o remate das vertentes do tellado hai unha espadana, con dous vans baixo arcos de medio punto e coroada por un Agnus Dei con cruz.

Os muros laterais contan con arcos
de medio punto, coma na catedral. Tanto a portada do lado norte como a
principal teñen unha decoración sobria e un lintel pentagonal. A metade
superior da fachada occidental foi refeita nas restauracións do século XVIII,
acabando co rosetón do que falan os textos e do que se conservan algúns restos
nos corredores do claustro.
Na fachada norte destancan os imponentes arcobotantes do século XVIII. Tamén neste lado hai unha nova porta semellante á principal. A salientar os seus canzorros de ornamentación xeométrica.
A cabeceira é a parte do exterior máis decorada. A capela maior destaca en planta e en alzado. As ábsidas laterais contan cunhas seteiras como fiestras.
A cabeceira é a parte do exterior máis decorada. A capela maior destaca en planta e en alzado. As ábsidas laterais contan cunhas seteiras como fiestras.
REFORMAS
Un dos aspectos máis chamativos
deste templo compostelán foi a súa constante restauración. Basicamente debidas
aos graves defectos de construción que deformaron o templo ata convertelo nun
edificio peculiar.
Arredor do 1500 o prior Gómez
González do Canaval iniciou a tarefa de cubrir a bóveda do templo. A mediados
do século XVII xa se constata a necesidade de facer reparacións polo mal estado
do coro, da bóveda, do rosetón…. A principios do XVIII continúa constatándose o
seu lamentable estado mesmo con risco de derrubamento. Sería necesario embargar
os bens do prior para entre 1727 e 1732 garantir a súa supervivencia con
importantes obras. Non obstante na II República tratouse e recuperar o nivel do
pavimento, uniuse con arcos de ladrillo a cimentación dos piares. Eses
traballos continuaron desde 1946. ata os anos 60 da man de Pons Sorolla e de Chamoso Lamas.
Obviamente os problemas do templo
veñen dados pola proximidade do río Sar, xa que a súa cimentación está feita
sobre un solar pantanoso. Esta circunstancia foi a que obrigou a facer os
salientables reforzos e drenaxes para tratar de corrixir a forte inclinación
dos piares e dos muros do edifico cara ao eixe central. Tamén hai autores que defenden que a inclinación dos muros procenden desde os tempos da súa construción ao seren feita conscientemente.
Bibliografía:
Galicia. Arte medieval (I). A Coruña, Hércules Edicións.
"Santa María do Sar" en Gran Enciclopedia Galega. Vol. 40.
Galicia. Arte medieval (I). A Coruña, Hércules Edicións.
"Santa María do Sar" en Gran Enciclopedia Galega. Vol. 40.
As fotos do interior son de Fran Méndez para Iniciarte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario