13/5/13

MUSAC en León

León é unha desas cidades que fixo da arquitectura contemporánea algo de seu. Non vos vou lembrar a gran cantidade de obras salientables que posúe posto que hoxe tan só vos quero presentar o MUSAC, é dicir, o Museo de Arte contemporánea de Castela e León. Foi obra de Tuñón eMansilla. Arquitectos que tamén fixeron en León o seu Auditorio (1994-2001). Tamén debo lembrar amorte de Mansilla en 2012 con tan só 52 anos. Deste museo sempre me chamou a atención a súa decidida aposta pola arte máis actual.

O seguinte texto procede da páxina web do Museo:

MUSAC, o edificio, obra do equipo de arquitectos Emilio Tuñón e Luís Mansilla

A arquitectura do MUSAC, Museo de Arte Contemporánea de Castilla e León, é xa un dos proxectos con maior recoñecemento internacional grazas á concesión en 2007 do Premio Mies Van der Rohe de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea 2007, a participación na exposición On-Site: New Architecture in Spain, que o MOMA de Nova York dedicou en 2006 aos proxectos arquitectónicos recentes máis destacados en España; ou a representación española na Bienal de Arquitectura de Venecia de 2004.

Tres anos de traballo e 33 millóns de euros de investimento deron como resultado o espectacular edificio que alberga a sé do MUSAC, situado na cidade do León. Os arquitectos madrileños Emilio Tuñón e Luís Moreno Mansilla -ganadores do Premio de Arquitectura Española 2003- proxectaron a sé deste museo como unha gran superficie para a cultura, un sistema expresivo a base de espazos continuos diversificados que trata de enfatizar o interese que comparten a arte e a arquitectura pola expresión contemporánea. Deseñado polos arquitectos Emilio Tuñón e Luís M. Mansilla, autores de edificios emblemáticos como o Museo de Belas Artes de Castellón, o Museo de Zamora, o Museo de Cantabria ou o Auditorio Cidade de León, polo que foron galardoados co Premio Arquitectura Española 2003, o MUSAC sitúase nunha zona residencial ao Oeste da cidade de León.

"O MUSAC é un novo espazo para a cultura, entendida esta como aquilo que fai visibles os vínculos entre os homes e a natureza. Un conxunto de salas de exposicións autónomas e encadenadas permite realizar exposicións de diferentes tamaños e características; cada sala, de forma crebada, constrúe un espazo continuo, pero diferenciado espacialmente, que se abre ás outras salas e patios, propiciando visións longitudinais, transversais e diagonais. Cincocentas vigas prefabricadas pechan uns espazos caracterizados pola repetición sistemática e a expresividade formal.

Ao exterior, o espazo público adquire unha forma cóncava para acoller as actividades e encontros, recollido por grandes vidros de cores, sendo o lugar onde se rende homenaxe á coidade como espazo de relación entre as persoas. No seu interior, unha gran superficie de espazos continuos pero distintos, salpicados de patios e grandes lucernarios, dá forma a un sistema expresivo que nos fala do interese que comparten a arquitectura e a arte: a manifestación contemporánea do variable e o perenne, do igual e o distinto, do universal e o transitorio, como un eco de nosa propia diversidad e igualdade como persoas.

Na súa extension, como un edificio dunha soa planta construído con muros de hormigón branco e grandes vidros de cores ao exterior, o MUSAC quere ser un espazo onde a arte séntase cómodo e axude a borrar as fronteiras entre o privado e o público, entre o lecer e o traballo e, en definitiva, entre a arte e a vida".

Mansilla + Tuñón ( Texto de la Revista 2-G nº 27)
Fotos: Iniciarte

3 comentarios:

PACO HIDALGO dijo...

Interesantísimo este Museo que no conozco. Hace poco estuve viendo el Museo de arte abstracto de Cuenca y me gustó bastante. Cuando suba intentaré visitar el Musac. Abrazos calurosos desde el sur, Antonio.

Gonzalo Durán dijo...

Precioso el aspecto multicolor de este museo, que se ha convertido ya en un emblema de esa ciudad sorprendente que es León, toda ella un museo en miniatura, que te permite pasar del románico más esplendoroso a la arquitectura más deslumbrante del ya casi siglo XXI, pasando por el plateresco, Gaudí, los historicismos, la arquitectura del XX,... ¡y luego un épico y reconfortante descanso en las barras del Barrio Húmedo! ¿quién da más?

Maria dijo...

Presenta un exterior sencillo y alegre.
Me gusta.
Un abrazo.