15/1/13

Leonardo da Vinci: Cartón da Virxe co neno


Cartón de Burlington House) ca. 1501-1505. Xiz negro sobre papel. 141,5 cm x 104,6 cm.

A súa historia segundo a Wikipedia:

"Trátase dun estudo para un retablo con destino a unha igrexa de Florencia pero o cadro nunca foi completado.

Pertenceu á familia Arconati de Milán, logo pasou a Venecia, onde o comprou Robert Udny en 1763. Despois pasou á Royal Academy, que tiña a súa sé en Burlington House, de onde lle vén o nome. Alí estivo ata 1962, cando foi posto á venda por 800.000 libras. Con medo a que atopase un comprador estranxeiro, o cartón foi exposto na National Gallery onde foi visto por preto dun cuarto de millón de persoas en pouco máis de catro meses, moitos dos cales fixeron donazóns para conservalo no Reino Unido. Co tempo alcanzouse a reunir o prezo fixado, grazas en parte a contribucións do National Art Collections Fund. Dez anos logo da súa adquisición, John Berger con sorna escribiu no seu libro Modos de ver que "adquiriu unha nova clase de grandeza. Non debido ao que mostra  -non polo significado da súa imaxe. Fíxose grande, misterioso, debido ao seu valor de mercado".

É infrecuente nun cartón que os perfís nunca se furaron nin teñan incisiones, indicando que non chegara o momento de transferir o deseño á táboa no que se pintaría. A composición é marcadamente diferente da única obra de Leonardo que trata o tema, A Virxe, o Neno Jesús e santa Ana no Museo do Louvre, no que a figura do Bautista foi eliminada.

Segundo a guía da National Gallery esta obra é:

"… unha das obras máis valiosas e fráxiles de National Gallery: “o cartón” de Leonardo, un debuxo da nai da Virxe, santa Ana, coa Virxe nos xeonllos e o Neno Xesús nos brazos da súa nai, inclinándose para bendicir a san Juan Bautista neno e facerlle unha caricia baixo o queixo. O debuxo ocupa oito follas de papel pegadas. (…) Igual que na Virxe das rochas, Leonardo representou catro figuras profundamente unidas, cargadas de significado teolóxico e de emocións humanas intensas. As miradas que se cruzan entre eles e os sorrisos, dan aos rostros esas expresións enigmáticas que fixo famosas Leonardo.

O triángulo aberto que forman as figuras na Virxe das rochas, se condensa aquí nunha pirámide de formas entrelazadas; a escala das figuras crece e a paisaxe de rocas afástase na distancia, deixando só algunhas pedras en primeiro plano. Malia gañar en monumentalidade, non hai nada acabado do todo. As partes máis difíciles, onde os corpos tócanse e se superpoñen, quedaron borrosas e manchadas. O antebrazo de santa Ana, lebantado cara ao ceo nun xesto profético, apenas está esbozado. Empezamos a ver por que Leonardo tivo tantas dificultades para rematar os seus proxectos, porque a indeterminación do debuxo e a falta de acabado son parte integrante e significativa da obra, porque o misterio pictórico evoca o misterio divino: Deus feito carne no ventre dunha muller tamén concibida sen pecado, e a Paixón anunciada e aceptada cunha alegría melancólica.

(...) En 1510, todos os florentinos, “homes e mulleres, novas e vellos, coma se fosen a unha festa solemne”, acudiron en masa para ver un debuxo anterior de Leonardo sobre un tema parecido e destinado probablemente ao altar de santa Ana, unha das patroas da república de Florencia, na igrexa da Santísima Annunziata. O altar non se chegou a facer e o debuxo perdeuse".



Erika Langmuit.National Gallery. Guía. Londres, 1997, pp. 58-60

No hay comentarios: