Esta igrexa é a de maior tamaño das conservadas do século IX. Foi levantada no reinado de Afonso II, sendo adicada aos mártires san Xulián e santa Basilisa, coñecidos pola súa castidade. Está situada en Oviedo, capital do reino astur.
É de planta basilical con
tres naves e transepto perpendicular ao que se abren as tres capelas absidais,
así como dúas cámaras nos laterais. Inicialmente estes pequenos recintos foron
a dobre altura. Do triplo pórtico orixinal, as restauracións feitas a principio
do século XX só respetaron o tramo central. As capelas da ábsida no seguen o
eixo nin o tamaño das naves. Só a central é cadrada posto que as laterais son
rectangulares. As tres están cubertas con bóvedas. A fábrica é de tan escasa
calidade que cómpre poñer reforzo de perpiaños nas esquiñas e nos pequenos
contrafortes exteriores.
O cruceiro é moi aparatoso,
estando separado das naves por un muro ao que se abren arcos laterais de medio
punto e dous pequenos ocos máis no tramo central. Conséguese, deste xeito, unha
interrupción total da continuidade entre as naves e as capelas. Agás estas
últimas, todo o templo cóbrese con cerchas de madeira orixinalmente talladas ou
decoradas, apoiadas sobre os muros que, curiosamente, hoxe son un metro máis
baixos cos orixinais.
No exterior, destaca a
cabeceira que eleva o seu tamaño cunha pequena estancia pechada, sobre a capela
central que se comunica co exterior por un triplo arquiño aberto no testeiro
con dúas columniñas. As restantes xanelas foron construídas con lintel e arco
cego de ladrillo que se cubrían con celosías cerámicas das que só se conservan
algún restos.
Fronte á pobreza material
exterior, o interior caracterízase pola riqueza das súas pintura murais, xa que
os amplos espazo estucados están decorados con frescos de motivos clásicos
romanos, froito intencionado dun pequeno renacemento artístico. Esta fermosa
igrexa foi declarada Monumento Nacional no 1917.
Desde esta ligazón poderedes
acceder a unha reconstrución virtual do edificio.
García Manzanares, José Luis (1985). El prerrománico del noroeste. Pontedeume, López Torre.
Fotos: INICIARTE
3 comentarios:
Sensacional todo este conjunto de entregas del arte asturiano, Anonio. Buen fin de semana.
No sé qué decir. Me he quedado maravillada con todas estas obras de Arte Asturiano, supongo que vistas en su ámbito entre los bellos paisajes, deben de realzar todavía más su hermosura.
Me hace pensar que has viajado allí recientemente o quizás en un pasado, por el detalle con que las conoces.
Un saludo.
Hola queridos seguidores, Paco y Clariana. Muchas gracias por vuestros comentarios. Por este curso no pondré más arte asturiano. Dejaré san Miguel de Lillo (mi preferida) para el próximo. Efectivamente, Clariana, hace pocos meses estuve, de nuevo, por alli. Por cierto, acabo de llegar de una escapada, mínima, a Logroño, Burgos y Astorga: se notará en lo que queda de curso. Saludos.
Publicar un comentario