Noutras ocasións xa teño escrito sobre a importancia de Giorgio Vasari na historia da arte. Mira como describe o estilo do seu admiradísimo Giotto:
“… suprímese o perfil que rodeaba completamente as figuras e os ollos, que parecían endemoniados, os pés rectos e de punta, as mans afiadas, a ausencia de sombra e outras monstruosidades daqueles bizantinos, e deuse máis graza ás cabezas e maior suavidade aos coloridos. Giotto pintou as súas figuras en actitudes máis correctas e empezou a dotar de realismo aos rostros, encartou os panos con máis naturalidade que os seus antecesores e achou, en parte, o difuminado e o escorzo das figuras. Así mesmo empezou a representar expresións nos rostros, como o temor, a esperanza, a ira ou o amor, e o estilo que antes era rudo e difícil con el fíxose suave. E se non fixo os ollos co movemento propio dos vivos nin o final dos lagrimais, nin os cabelos nin as longas barbas con morbidez, nin as mans cos seus nudillos e músculos, nin os espidos como son en realidade, debémolo escusar pola dificultade da arte e por non ver pintores mellores que el de quen aprender. Advirtan todos, no medio da pobreza daquela arte e dos tempos, a calidade das súas escenas, o coidado polo aspecto e a obediencia física ao natural, porque se aprecia ben que as figuras obedecían ao que tiñan que ser, e así se demostra que tivo un xuízo moi bo, aínda que non perfecto".
Giorgio Vasari. Las vidas de los más excelentes arquitectos, pintores y escultores italianos desde Cimabue a nuestro tiempos. Madrid, Tecnos, 2001, páx. 176.
Tedes que lembrar que xa hai en Iniciarte outra entrada sobre Giotto onde se inclúe unha estupenda presentación sobre as súas obras. Tampouco débese de deixar de coñecer a páxina oficial da Capela degli Scrovegni de Padua e facer esta visita virtual á mesma.
Fotografía: A Capela dos Scrovegni.

1 comentario:
Bueno... Una de cal y otra de arena... esta entrada sublime, Gracias!
Publicar un comentario