1/12/09

A historia de España a través da pintura

A historia pódese contar de moitos xeitos. A maior parte das veces faise ganduxando os grandes sucesos políticos e económicos. Nesa forma de facer, as obras de arte adoitaron ser un mero apoio. Pero hai outros xeitos de contar as cousas. O historiador Juan Pablo Fusi (San Sebastián, 1945) e o catedrático e crítico de arte Francisco Calvo Serraller (Madrid, 1948) contan en El espejo del tiempo (Taurus) unha versión do pasado de España narrado da man de medio centenar de pinturas.

É unha historia de España e da arte en 50 capítulos e 566 páxinas, desde a Idade Media ata hoxe mesmo. Todos son episodios transcendentais. Fusi fai unha síntese do momento e Calvo elixe a imaxe artística que mellor retrata ese período. Son obras que, dentro da máxima calidade artística, axudan ao lector a unha rápida comprensión da historia. Fusi e Calvo quixeron facer un libro tan didáctico como útil, que se poida ler seguido ou por capítulos elixidos ao capricho.

A idea ocorréuselle Fusi fai máis de tres anos. Ambos partiron do convencemento de que xa non se pode contar a historia a través de illotes políticos ou económicos. En plena globalización, a historia debe contarse baixo un prisma cultural.

Profesores e críticos, os dous autores confesan haberllo pasado tan ben mentres traballaban que tiñan medo de que algo gafara o resultado. Non había razóns para eses temores. O encontro foi tan frutífero que mentres traballaban neste libro, "naceulles" outro, Pola independencia, publicado tamén en Taurus o pasado ano.

Tanto Fusi como Calvo traballaron convencidos de que a arte, neste caso a pintura, é unha fonte histórica de primeira orde. Os cadros escollidos para este libro non son meras ilustracións. Van todos moito máis alá. E xunto ao retrato dos protagonistas (Felipe IV, Felipe V) e as escenas de batallas inclúense paisaxes ou bodegóns que teñen un significado cheo de claves.

Texto (con nova completa) e foto vía El País.

3 comentarios:

Ana dijo...

Interesante libro que acabo de comprar. Es un tema que también ha desarrollado Fernando García de Cortázar ("La Historia de España desde el Arte") aunque de un modo más sintético. Me parece un tema esencial el mostrar como la imagen artística es un documento histórico que nos pone en contacto con una realidad no vivida todavía por la fotografía y el cine.
En mi blog de Historia intento hacer un apartado con este tipo de referencias...aunque va muy despacio.
Saludos

Antonio Martínez dijo...

Ana: Coñezo o libro de García de Cortázar e... non me chega... este novo estou pendente do meu libreiro. Terei que seguir máis o teu blog de historia. Saúdos

clariana dijo...

Interesante un libro que toma de base la pintura para contar la Historia.
El compromiso político-social de bastantes pintores, al relatar su época, o lo que sentían por el tiempo en que les tocó vivir, hace posible que posteriormente pueda haber iniciativas como ésta.
Saludos afectuosos.