19/10/09

Queremos galego e a CRTVG


O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.

Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna "Televisión, manipulación", o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.

Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país.

Texto de Xabier Pérez e foto A nosa terra.

5 comentarios:

Ronsel dijo...

Foi emocionante e esperanzadora, pese a goberno e medios adscritos.

Unknown dijo...

patético... poñerse a escribir sen ter nin idea. En primeiro lugar. A tvg non escolle cando se baleira a praza. O informativo das 14:25 empeza ás 14:25... ou sexa, que se conectan en directo para EMPEZAR O TELEXORNAL coa manifa, pois conéctase ás 14:28, máis ou menos,despois dos titulares. Iso no telexornal de mediodía. Levaban TODA A MAÑÁ CONECTANDO, no programa A REVISTA. Desde a Quintanta, porque UNHA LANZADEIRA A SATÉLITE NON SE MOVE TAN DOADAMENTE. Estaba na Quintana para poder abrir o tx con esa información E QUEDOU ALÍ, A PESAR DOS APOUPAMENTOS. Na tvg SABÍA QUE SE ESTABA BERRANDO, porque as conexións están listas antes de darlles paso E AÍNDA ASÍ MANTIVERON A LIÑA ABERTA,E DEIXARON QUE O POBO FALARA. O QUE QUIXERA. E, pola noite, volveron abrir co mesmo tema. Ao rematar a conexión marcharon da Praza porque xa remataran o traballo. É IMPRESIONANTE O QUE PODES CHEGAR A SOLTAR POLA BOCA SEN TER NIN IDEA, MACHIÑO.

Ana dijo...

A pesar de no ser gallego parlante, amo todo lo relacionado con Galicia...también su idioma y creo que hay que darle alas en lugar de ponerle mordazas.
Este es el tema verdaderamente central e importante. Aunque no estuve en la manifestación me solidarizo con sus reivindicaciones.
Saludos

clariana dijo...

Muy bien por la multitudinaria manifestación en pro de la Lengua Gallega ¡VISCA LA LLENGUA DELS GALEGS!
Manipulaciones siempre las hubo y las habrá, los medios de comunicación deberían tener más cuidado con lo que hacen y con lo que dicen. No creo que el profesor no esté bien informado y si tuvo algún error se le puede decir con más educación. Saludos afectuosos.

SONSABELA dijo...

Eu non sei a que ven o comentario de Jacinto, pero penso que a TVG si pode escoller en que momento conectarse, e que moitos medios de comunicación exercen a manipulación informativa é algo que xa poucos cuestionan.

En todo caso, este blog limítase a dar unha información recollida doutro medio, algo que se especifica ao final do artigo, referindo incluso ao autor e a autoría da foto.

Foi unha xornada moi emocionante e eu tamén desexo para a miña lingua mil primaveras máis! Un saúdo.