14/10/09

Atopado un novo "Leonardo"

Unha pegada dactilar permite atribuír un cadro a Leonardo Da Vinci

O cadro, de 33 por 23 centímetros, vendeuse en 1998 nunha poxa en Nova York por uns 12.800 euros, pero se a súa nova atribución é certa, podería alcanzar agora os 101.500 millóns de euros, segundo os expertos.

A pegada dactilar descuberta na esquina dun cadro que se cría obra dun artista alemán do século XIX parece confirmar que se trata dunha tea de Leonardo da Vinci, informa a revista «Antiques Trade Gazette».

O cadro, de 33 por 23 centímetros, vendeuse en 1998 nunha poxa en Nova York por 19.000 dólares (uns 12.800 euros), pero se a súa nova atribución é certa, podería alcanzar agora os 150.000 millóns de dólares (uns 101.500 millóns de euros), segundo os expertos.

A datación co método do carbono e as análises con raios infravermellos da técnica do artista permiten chegar tamén a esa conclusión, pero o dato que parece determinante é ese fragmento de pegada dactilar captada por unha cámara multiespectral da empresa Lumière Technology.

Segundo Peter Paul Biro, un experto forense en arte de Canadá, a pegada dactilar corresponde á punta do dedo índice ou corazón e é «moi comparable» á atopada nun «San Xerome» do pintor renacentista italiano que se conserva no Vaticano.

Martin Kemp, profesor emérito de Historia da arte da Universidade de Oxford, está convencido, segundo informa hoxe o diario «The Times », de que se trata dunha obra de DáaVinci e acaba de rematar un libro (non publicado aínda) sobre o achado.

A súa primeira reacción foi de incredulidade, pero aos poucos viu como se recompuñan as figuras do crebacabezas.

A obra en cuestión poxouse co título de «Mozo de Perfil con Vestido do Renacemento», pero Kemp haa rebautizado como «A Bela Principessa» tras identificala, «por un proceso de eliminación», con Bianca Sforza, filla de Ludovico Sforza (1452-1508), duque de Milán, e do seu amante Bernardina de Corradis.

Se é realmente de Leonardo, como sospeitan Kemp, sería a única obra de Leonardo sobre pergamiño aínda que, segundo ese experto, o pintor renacentista preguntou en 1494 ao artista francés Jean Perréal acerca da técnica do uso de xices de cores sobre pergamiño.

O cadro comprouno en 1998 unha marchante neoiorquina chamada Kate Ganza, que o vendeu pola mesma suma de diñeiro ao experto Preter Silverman en 2007 na crenza de que era unha obra «dun artista alemán que estudara en Italia, onde se familiarizou coa obra de Leonardo».

Cando Silverman viuno, sentiu «pálpitos» porque pensou que podería ser obra dun artista florentino e ata do propio Da Vinci.

As análises efectuadas coa técnica do carbono-14 permiten datar o pergamiño de entre 1440 e 1650 e as análises con raios infravermellos revelan paralelismos con outras obras de Leonardo.

Texto e foto vía La Voz de Galicia.

1 comentario:

Sarinsky dijo...

Vaya!! que casualidad, este va a ser el texto que unas compañeras de clase y yo vamos a explicar en la asignatura de Teoría del Arte (si...suena tan mal como parece jájá)

Besos