26/3/09

Caravaggio: recursos didácticos

O pintor do barroco europeo que máis me gusta é Michelangelo Merisi, coñecido como Caravaggio (1573-1610).


A súa biografía non ten desperdicio: asuntos familiares, relacións amistosas máis que perigosas, pendencieiro, vida sexual complicada, coñecedor dos baixos fondos de Roma, Nápoles, Malta… Pero para coñecer mellor a súa vida recoméndovos que cliquedes sobre a ligazón de Image and art, ou sobre o da Enciclopedia on-line de EL Prado. Mais se queredes informarvos con calma aconséllovos a obra de Helen Langdon “Caravaggio” publicada no 2002 por Edhasa, probablemente a súa mellor biografía publicada.


A súa pintura está caracterizada por representar a natureza cunha crúa realidade, sen someter aos seus personaxes a idealización algunha, mesmo chegando a empregar a prostitutas como modelos para a Virxe María ou borrachos para santos polo que tivo problemas en máis dunha ocasión coa Igrexa. Pero tamén este naturalismo realista viña moi ben para o espírito artístico da Contrarreforma. O emprego do forte claroscuro tamén será definitorio da súa obra o que favorece o dramatismo dos seus cadro, o tenebrismo. Tanto o claroscuro como os modelos da vida cotiá xa foran empregados no século XVI no norte de Italia, mais Caravaggio aportará unha gran intensidade dramática, un gran sentido devocional e terá unha influencia decisiva na pintura europea e española (Velázquez)


O estilo tenebrista, o modelado escultórico das súas figuras, en claro homenaxe a Miguel Anxo Buonarroti, as composicións en diagonais, a ausencia de fondos ou de elementos secundarios, a fidelidade ao modelo natural e o tratamento dramático da luz con fins expresivos serán elementos definitorios da súa obra pictórica.


Dentro das súas obras podemos salientar O rapaz con cesto de froitas, Baco, A decapitación de Holofernes, A cea de Emaús, A conversión de san Paulo, A vocación de san Mateo, A morte da Virxe e o David coa cabeza de Goliath.


Podedes ver, a continuación unha selección de vídeos sobre as súas obras:




Finalmente, e para relaxarnos, podedes ver unha canción de Pedro Guerra titulada "Caravaggio" mentres ledes noticias periodísticas sorprendentes sobre a súa "fotográfica" técnica.


Bibliografía:

Eugenio Carmona. Caravaggio. Arlanza, 2005

Helen Langdon. Caravaggio. Edhasa, 2002.

Caravaggio. Electa, 1999.

4 comentarios:

Sarinsky dijo...

Me temo que me has "pegado" esa pasión por Caravaggio, magnifico pintor!!
Ah por cierto, muy buena su biografía (^_^) gracias por darme la oportunidad de leerla!!

P.D: me encanta esa versión para ver los vídeos, que obviamente son fantásticos!!

Besos

Anónimo dijo...

Es la primera vez que accedo a tu blog y tengo que darte la enhorabuena.
Por otro lado, creo que Caravaggio es una droga de la que cuesta desengancharte.
Un saludo
Carmen

Antonio Martínez dijo...

Sara grazas polo comentario. O do vídeo é moi doado, se o queres, falamos.
Carmen: bienvenida a Iniciarte y efectivamente este pintor due un crack, su vida una novela (o una película) sólo superada por la Frank LL. Wright.
Saludos

Ana dijo...

Estupenda entrada. A mi también me encanta Caravaggio. La plasticidad que da a sus figuras por medio de la luz es magistral.
Efectivamente las listas de vídeos son muy fáciles de hacer. La verdad es que yo las hice a partir de la 1ª que vi en tu blog. Es muy intuitiva la página en que se alojan.
Saludos