Unha das obras da arquitectura renacentista en España que máis me interesa é o Palacio de Carlos V na Alhambra de Granada xa que destaca pola súa pureza de formas fronte ao plateresco dominante naqueles tempos na península. Mandado construír polo emperador debido a que lle gustaba moito o entorno dos pazos nazaríes e os seus xardíns (estivo vivindo aquí varios meses tras a súa voda con Sabela de Portugal) e tamén á necesidade de contar cunha residencia que se adaptara mellor mellor ás súas necesidades de representación política.
Contado co apoio do capitán xeneral de Granada, o marqués de Mondéxar, Pedro Machuca encargouse do deseño do novo edificio que contou coa aprobación de Carlos I en 1542. O proxecto era máis amplo do que finalmente se executaría posto que ademais do propio pazo, Pedro Machuca, pensara realizar dúas prazas porticadas fronte ás fachadas occidental e meridional.
O Palacio ten unha planta cadrada, cun lado de 63 metros , e un patio central circular con dous andares, tendo no inferior columnas doricas-toscanas, e xónicas no andar superior. No conxunto, é un edificio verdadeiramente novidoso para as datas nas que foi construído. Nas esquinas onde se pasa da planta cadrada á circular está situadas sendas escaleiras, agás no lado noreste que comunica coa capela que ten planta octogonal. Toda a galería do patio está cuberta cunha bóveda anular, moi relacionable con elementos da arquitectura imperial romana ou coa italiana da época.
As catro fachadas do edificio están artelladas en dous andares: o inferior con perpiaños almofados á rústica con piastras dórico-toscanas; no andar superior contan piastras xónicas. Os vanos son rectangulares no andar baixo e circulares no superior. Destacan, asemesmo, os elementos decorativos a base de gimaldas, puttis e emblemas imperiais.
Nas portas desenvolvese un programa iconográficos nos relevos: nunha concíbese un arco de trunfo con trofeos e vitorias así como coa fábula de Neptuno e as alegorías da Fama e da Historia para exaltar as empresas marítimas do emperador (conquista de Tunicia). Na porta occidental os relevos aluden ás vitorias terrestres do monarca con representación de batallas e unha alegoría da paz, ademais duns tondos sobre os traballos de Hércules que aluden á orixe mítica de España e da dinastía austríaca.
Polo tanto, e como conclusión, pódese afirmar que o Pazo de Carlos V en Granada amosan a presenza do clasicismo renacentista para deleite e exaltación do monarca: a ordenación das fachadas, as referencias miolóxicas, a planta centralizada.
E para finalizar un dos vídeos de Artehistoria:
3 comentarios:
Siempre me ha gustado este palacio, son una "monada" los muros del exterior, parece como si estuvieran acolchados...
Gran post!!
Besos
Magnífica entrada. El Palacio de Carlos V es una obra que no tiene nada que envidiar a ninguno de los edificios renacentistas italianos y está, sin duda, a la altura de los mejores. Precisamente este fin de semana que he estado en Granada, he tenido ocasión de volver a verlo, durante una de las visitas nocturnas que se realizan desde hace algún tiempo. La luz de la luna y el cielo limpio de nubes, hacen más sugerentes, si cabe, la pureza de sus formas.
A min sempre me gustou este palacio, tamén.
Gonzalo: tuve la oportunidad de regresar a Granada hace unos cinco meses por unos días de intenso trabajo pero me pude escarpar una vez para verlo con calma, y otra para disfrutarlo en una vista noctuna. Fantástico.
Publicar un comentario