17/3/09

Os cabalos na capela

Unha capela do ano 1814 sirve como cuadra de cabalos en Beizo

As persoas propietarias dos animais atribúense o seu uso porque din que o terreo é seu

O altar do recinto, labrado en cantería, é o pesebre que utilizan habitualmente os animais

Unha capela do ano 1814, situada no lugar de Vilariño, na parroquia lucense de Beizo, servecomo cuadra para o gando. A edificación atópase en total estado de abandono e os veciños da zona foron quen detectaron fai algún tempo os novos usos dun recinto no que, no seu día, oficiáro

nse misas e ata primeiras comuñóns.

A capela foino seu momento de propiedade particular. Atópase dentro dun amplo terreo no que tamén está unhavella casa que pertenceu á familia que posuíu a ermida. De acordo con algunhas referencias, a gran parcela é actualmente propiedade dunha sociedade lucense que a adquiriu no seu momento. De todos os xeitos quen fan uso actualmente do recinto aseguran que lles pertence e que, polo tanto, poden darlle o uso que estimen oportuno, sobre todo á capela porque, recordan, está totalmente abandona sen que ninguén se preocupase no seu momento por esixir a súa conservación.

O pequeno templo alberga en ocasións a algúns cabalos, segundo dixeron os veciños da zona. De feito, no chan hai restos de forraxe. Os propietarios dos animais din que, tal e como está a instalación, non ocasionan ningún dano á mesma.

A capela está totalmente abandonada ata o extremo de que as hiedras crecen por boa parte da fachada que cobren nun cincuenta por cento. Están ata a piques de chegar ao campanario que se conserva en bastante bo estado aínda que lle faltan algúns elementos.

O altar serve de pesebre

O altar, labrado en cantería, serve de pesebre para os animais. Vecinos do lugar recordan que a capela chegou a ser desvalixada. Nunca se soubo que camiño levou unha das imaxes que había no altar nin outros elementos do retablo principal. «Non lle levaron as pedras porque non poden», dixo un veciño da parroquia de Beizo onte, pouco logo de celebrarse a misa na igrexa parroquial.

A capela de Vilariño non tivo cultos de forma regular. O propietario chamaba en ocasións a un cura para diversas celebracións. «Aínda lembramos que fai unhos dez ou ou doce anos celebráronse nela algunhas comunións», asegurou unha das veciñas da zona.

O edificio foi obxecto dunha reconstrución. De feito alguén no seu momento fixo unha placa de ladrillo no teito, parte da cal estase desmoronando actualmente como consecuencia da falta de coidados e tamén polos efectos da choiva.

Justo á beira da construción relixiosa atópase un casarón de estilo galego que chegou a ser utilizada no seu momento polas persoas que usan actualmente os terreos que tamén se atopan actualmente nun estado de total abandono.

Texto e fotos vía La Voz de Galicia.

2 comentarios:

Dilaida dijo...

Galicia e o seu patrimonio artístico, isto non hai por onde collelo.
Onte na Galega sacaron unha torre románica en Maside (Ourense)a que os donos a tiñan de adega e tamén a utilizaban para facer a matanza, ...
Saía a dona da torre dicindo que ela non tiña outra cousa para adicar a esas faenas, incluso viase como desfixeran unha porta para facela máis ancha para poder meter as cubas.
Eu opino que un Pobo que non mima e cuida o seu pasado non é merecente de ter futuro.
Un bico

Antonio Martínez dijo...

O patrimonio é a memoria colectiva. Sen memoria non hai futuro. Grazas polo comentario.