11/2/09

Leon Batista Alberti: Templo de Sexismundo Malatesta



O duque Segismundo Malatesta en cargoulle a León Batista Alberti o remate do templo gótico de san Francisco en Rímini. Esta igrexa era de planta rectangular, de unha soa nave con cabeceira tripartita, con capela engadidas xa no século XV. A idea do comitente era a construción dun templo-panteón para el, os seus descendentes e a súa terceira esposa, Isotta. Como parece ser que Segismundo Malatesta non era moi crente, ou nada, non desexaba ver na fachada ningún símbolo sagrado. Deste xeito, Alberti vai deseñar case un arco de trunfo romano, unificando as tradicións cristiás e paganas.


A idea orixinal do humanista-arquitecto era realizar un envoltoiro que agochase as formas góticas e amosase a nova linguaxe clasicista, rematando a edificación cunha cúpula que non se chegou a realizar mais grazas a unha medalla realizada en 1450 por Matteo de´Pasti, sabemos como sería o templo con ela e que daría lugar a unha centralización espacial mesmo anulando o efecto lonxitudinal do eixo da nave do templo.


Como se pode ver na ilustración a fachada elévase sobre un podium, cal templo romano. A fachada que semella un arco de trunfo de tres arcos, mais tampouco se chegou a rematar o andar superior. Como bo coñecedor e admirador da arquitectura clásica, nas enxutas do arcos coloca un “ollos de boi”, e na entrada deseña un típico frontón grego. É toda unha mestura dos elementos clásicos (culminada na elaboración de capiteis que refunden as ordes greco-romanas), toda unha recreación, do responsable da fixación da sección áurea (1 por 1,61)


O encargo foi realizado en 1450, comezando lentamente as obras polas dificultades en acadar os materiais precisos e remataron cando, en 1466, morreu Segismundo Malatesta.


Maís información sobre este templo en Artehistoria, Arte guías e fotografías.

Fotos vía: Educastur e Arteespana.

2 comentarios:

Duncan de Gross dijo...

Jejeje, repasando, repasando, que me viene bien ;-)

Gonzalo González dijo...

Grande Alberti. Mientras más pasan los años, más me gusta.

Saludos y gracias por pasarte por mi blog!