28/2/09

Alberto Durero: Autorretrato



1498, óleo sobre táboa, 52 x 41 cm. Asinado: «1498. Das malt ich nach meiner gestalt ich war sex und zwanzig jor alt Albrecht Dürer». Monograma. [Tradución: «1498. Pinteino segundo a miña figura. Tiña vinteseis anos. Albrecht Dürer»]

A obra aparece asinado co seu anagrama (un A que engloba un D)
Cales poden ser os motivos para que un artista se retrate? Exercicios de carácter técnico? Pódense explicar os autorretratos de Durero baixo esa premisa?

Alberto Durero foi o pintor do renacemento, tamén do italiano, que máis veces se ten pintado. Consérvanse moitos dos seus autorretratos, desde que tiña 12 anos consérvanse retratos seus datados desde 1848. No Louvre hai outro de 1493, de 1500 hai outro na Pinacoteca de Munich, ademais das veces que aparece representado en composicións dos máis variados temas.

Estaríase buscando a si mesmo ou estaría encantado de coñecerse?
É un xeito de amosar o seu dominio técnico ou unha forma de facer valer socialmente?



















Este autorretrato, no que aparece lixeiramente xirado ao xeito flamengo, de El Prado está realizado tras a súa primeira viaxe a Venecia e nel amosa o seu interese pola paisaxe, pola natureza. Pero, sen dúbida, o que pretendendo amosar é o seu orgullo pola súa propia figura, orgullo pola súa profesión de artista, xa non de artesán, senón dun creador intelectual. Pura autocomplacencia. É un xeito de reivindicar na súa Alemaña natal o papel do artista tal é como xa se tiña recoñecido na súa admirada Italia. Baixo esta idea poderemos comprender mellor o enorme interese por amosar a calidade das súas vestimentas, da capa parda sobre o ombreiro, da camisa con bordados en ouro, da gorra con borla, dese cordón de seda, das súas luvas de cabritiña gris (el é un creador que traballa coa cabeza, os artesán traballan coas mans, e amosa o seu alto estatus social cunha luvas de extraordinaria calidade)

Fronte a calidez das súas sensuais faccións, destaca a súa fría e penetrante mirada que lle outorga ao conxunto do rostro unha personalidade inaccesible, distante, misteriosa

Neste óleo, Durero amosa características flamencas e italianas: a posición é flamenga pero coa monumentalidade italiana, e o domiño psicolóxico do personaxe. Para facer este cadro empregou un espello plano, que probablemente adquirira en Venecia. Está realizada en madeira de chopo (52,5 X 41 cm) dun grosor de 7-8 mm, formado pola unión de tres elementos colocados en sentido vertical.


















Segundo o informe técnico do Museo de El Prado:
Esta obra móstranos unha técnica finísima co pincel, tanto nas capas máis profundas da elaboración da táboa, como nas de superficie, con tratamentos puntuais nalgunhas zonas que nos falan da súa refinada técnica de Durero como debuxante. Con pinceis moi finos realza as luces mediante toques moi delgados que se entrecruzan, creando diferentes efectos, como vemos na manga dereita do seu traxe, na camisa, ou nas luvas. Moi delicados son, á súa vez, os trazos cos que traduce en superficie os rizos do seu cabelo. No seu rostro e na parte descuberta do peito o tratamento das luces e as sombras é dunha gran beleza técnica creando matices moi delicados.”




















Máis información na Enciclopedia on-line do Museo de El Prado e na ficha da obra no propio museo.

Imaxes vía: Google Earth.

2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Fue todo un crack!!! A mi cada vez me gustan más sus grabados...

P.D: preparándome para una de las exposiciones más importantes, establecida en Ferrol (^_^)

Besos

Antonio Martínez dijo...

Efectivamente todo un crack cos pinceis e cos grabados. O seu virtuosismo técnico é impresionante.