Desde hai tempo, dúas veces ao ano visito Salamanca. Cidade referente en moitas cousas: arte (que sería da cidade sen a pedra de Villamayor?) bibliotecas escolares e animación á lectura (Fundación GSR e A Mano Cultura) e amigos-as.
Nunha desas visitas, Antonio (sempre antonios) amosoume unha das maiores curiosidades, ademais do fermoso bestiario románico, que se poden contemplar nunha catedral: a reforma da porta de Ramos, na fachada norte da Catedral Nova e en plena Praza de Anaya. Nela pódese contemplar un astronauta, un león comendo un xeado de dúas bolas, un lince, unha cigoña ou un rapaz espido collendo landras.
Pode haber algunha explicación?
Non sei se serve como explicación pero o que si é certo é que durante a restauración realizada para “adecentar” a catedral e o seu contorno co gallo da exposición “Las edades del hombre” en 1992, o mestre canteiro Miguel Romero realizou estas curiosas pezas. Loxicamente non destruiu previamente nada, senón que realizou unha reconstrución da parte baixa da porta mantendo o deseño vexetal orixinal.
Outros anacronismos podedes velos en Luz Rasante.
Fotografías do amigo Antonio Moreno e algunhas de Iniciarte (lembras Loly?) Mirade con calma todas as fotos:
8 comentarios:
Como esquecer aqueles días falando de bibliotecas escolares, visitando a cidade cun fantástico guía (e mellor amigo) e botando unhas risas cos amigos...
Cando repetimos???
Algún día teremos que ir ás Xornadas da Fundación GSR, non?
Sicuramente molto particolare e interessante!!
Yo también tengo que acercarme alguna vez a esta maravillosa ciudad.
Besos "morriñentos" (^_^)
Espero as datas!!!
Estupendas fotografías.
Me encanta la ingenuidad de esos bestiarios románicos.
En cuanto al astronauta, lo descubrí hace poco en un blog y me sorprendió muchísimo. No conocía ese modelo iconográfico. Es muy curioso.
Coñecín esas curiosidades a primeira vez que fun a Salamanca, pouco despois da restauración.A parte de servir como elemento diferenciador da parte restaurada,polo que me dixeron, como nos seus tempos nas catedrais se amosaban "escenas" da época e da vida cotiá, tamén agora se quixo deixar constancia dalgunha do noso tempo: astronauta, un animal en perigo de extinción, etc. Tal como a min mo contaron, Se é certo non sei...para iso estades os mestres. ¡Este blog si que é bo!
Están muy bien estas cenefas escultóricas de la catedral que nos expones. Los diversos animales son estupendos, el niño trepando por la vegetación y el astronauta, como símbolo de modernidad creo. Gracias por esta entrada tan interesante.
Ana, Beni e Clarina: moitas grazas polos vosos comentarios. Non hai nada como ter amigos-as virtuais...
Publicar un comentario