
As obras foron financiadas polo Consulado mais contando coa imprescindible colaboración do Ministerio de Mariña xa que prestou a axuda técnica do enxeñeiro Eustaquio Giannini, que como todo o mundo sabe e o seu apelido da a entender era de Badaxoz. Ademais contouse coa inestimable colaboración histórica do intelectual coruñés Xosé Cornide Saavedra.
A iniciativa do Consulado está baseada na necesidade de contar, de novo, co faro mais tamén axiña estivo claro que habería que rehabilitar a edificación. Por iso e ao remate das obras a Torre tería una imaxe completamente nova. Por unha banda consolidouse todo o que quedaba, reordenouse o interior (pechando e abrindo vans), construíuse unha escaleira pétreas, fíxose un novo coroamento destruíndo a cúpula romana e por outra banda, cuns criterios ilustrados e neoclásicos, procedeuse ao revestimento exterior da edificación romana para darlle a imaxe que na actualidade ten o faro máis antigo do mundo en funcionamento.

Precisamente para conmemorar o bicentenario do remate destas obras, o Concello da Coruña tomou a iniciativa de realizar unha serie de actos (Exposición “Cidade e Torre: Roma e a Ilustración na Coruña”, primeiras intervencións arqueolóxicas no faro, obras de limpeza e restauración e diversas publicacións) nas que tiven oportunidade de colaborar.
Podedes ampliar a información neste cursioso post de Quotidianum.
As obras e modificacións dos século seguintes quedarán para outra ocasión.
Bibliografía e imaxes: Ciudad y Torre. Roma y la Ilustración en La Coruña. Concello da Coruña, 1991
No hay comentarios:
Publicar un comentario