A cova de Ekain (Zestoa, Guipuzcoa), coñecida polas súas pinturas rupestres de époc
a Magdaleniense, foi descuberta en 1969. Durante milenios estas pinturas permaneceron ocultas, refuxiadas no fráxil microclima da cova, nunhas condicións idóneas para a súa conservación. Como podiamos, con todo, contemplar a testemuña das inquietudes desa humanidade afastada sen danalas? Desta necesidade xurdiu a idea de construír unha réplica da cova denominada Ekainberri.
A réplica de Ekain está situada no val de Sastarrain a 600 metros da gruta orixinal e a poucos metros do centro de Zestoa. Sastarrain foi o marco natural de vida do artista paleolítico de Ekain hai 14.500-10.000 anos.
É tal calidade das súas pinturas que o afamado historia da arte prehistórica André Leroi-Gourham as cualificado como “O conxunto de cabalos mais perfecto de toda a Arte Cuaternaria”.Ademais, e tal como vos informara INICIARTE, no pasado mes de agosto, xunto a outras trece covas, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Ekainberri é un complexo proxecto arquitectónico e museográfico que esixiu un gran esforzo (técnico, económico e humano) por parte de diversas institucións e persoas, todas elas aglutinadas em torno á Fundación Ekainberri. A réplica, deseñada polo arquitecto Jose María Alberdi, é un gran edificio de formigón e aceiro corten integrado e enterrado no privilexiado val de Sastarrain.
Fotos e parte do texto: Vía Ekainberri.

No hay comentarios:
Publicar un comentario