A súa traxectoria escultórica, recoñecida pola súa importancia no panorama escultórico español, desenvolveuse dentro do ámbito figurativo e pode dividirse en dúas etapas ben diferencidas: unha primeira na que se achega ao realismo en tallas directas e a tamaño natural, e unha segunda etapa onde realizou pezas de pequeno formato e gran capacidade expresiva, que destacaron pola introdución de temas cotiáns e populares.
En 1929 recibiu o seu primeiro encargo importante: unha lápida conmemorativa para Manuel Ventura Figueroa. En 1933 recibiu o Premio Nacional de Escultura grazas á súa magnífica obra realizada en mármore branco "Espido en Peixe", que hoxe é propiedade do Museo Nacional Reina Sofía. Trasladouse a Salamanca en 1935 para impartir clases de debuxo lineal na Escola de Artes e Oficios, onde coñeceu ao pintor Solana, quen se converteu nun gran amigo, así como a Miguel de Unamuno, ao que visitaba con frecuencia. Durante a Guerra Civil pertenceu á Alianza de Intelectuais antisfascistas, colaborando na revista O mono azul e participando na montaxe da obra Os monicreques de Cachiporra.
Destinárono á Escola de Cartografía de Burjasot pero preferiu ir a combate no bando republicano como tenente. Finalmente caeu enfermo dos broquios e foi ingresado no Hospital de Valencia. Á saída do mesmo foi apresado e estivo oito meses no cárcere de Monteolivete acusado de Auxilio á rebelión. Perdeu a súa praza de docente e pasou a dedicarse exclusivamente á escultura, que creaba no estudo madrileño que compartía con Francisco Arias, ata que en 1966 volveu impartir clases na Escola de Artes e Oficios da capital, exercendo durante seis anos.
Ata maio poderemos contemplar pare da súa obra no Quiosco Afonso da Coruña.
2 comentarios:
No sabría como definirte estas esculturas....son tan....."imperfectas",pero por eso te gustan,no era por eso?jeje
Aunque no dejan de ser interesantes,yo prefiero la "perfección".
la incultura es un mal de la sociedad sin duda alguna,Maestro de la escultura del siglo XX EL SENOR MALLO
Publicar un comentario