Óleo sobre lenzo, 99x169 cm. National Gallery of Scotland, Edimburgo.
Autor: Diego de SilvaVelázquez.
Data: probablemente realizado entre 1618 e 1620, en Sevilla, antes, polo tanto, da primeira viaxe de Velázquez a Madrid.
Xunto co “Augador de Sevilla” supón o momento álxido da etapa sevillana do autor.
Como modelo para a muller parece que utilizou á mesma persoa que aparece no “Cristo en casa de Marta” (National Gallery, Londres) e que era ademais a súa sogra (María del Páramo), tal e como se pode comprobar en “Retrato de home e muller” (Museo de Bellas Artes, Sevilla). O rapaza probablemente sexa Diego Melgar, axudante no seu taller.
Este cadro pertence á categoría das pinturas coñecidas por “bodegóns” ou “cociñas” que ata non hai moito tempo eran consideradas como o escalafón máis baixo da pintura. Foi todo un atrevimento por parte do pintor na súa etapa formativa realizar unha obra tan trivial coma esta. Non obstante, hai que lembrar que Velázquez estivo educado nas teorías platónicas da plasmación da idea no cadro, polo que pódense deducir intencións simbólicas que puideran enaltecer o contido dalgúns cadros. Esta obra, ao entender de Julián Gallego, pode representar o sentido do gusto, namentres que o "Augador" sería a sede.
O cadro representar a unha muller cociñando uns ovos nun pequeno recipiente. O título tamén é discutible pois hai autores que defenden que a muller está “cociñando” e outros que está “fritindo”. Maioritariamente inclínanse por ver no cadro a unha ancián fritindo ovos que na man dereita remove o aceite da súa cacerola de barro vidrado cunha culler de madeira e coa esquerda prepárase a cascar outro ovo no borde do recipiente. É nese intre cando levanta a mirada, aínda que sen fixala, hacia ao rapaz, que mirando ao espectador, é portador dunha xarra de viño e dun gran melón de inverno. É unha acción dinámica,mais Velázquez a representa cunha quietude desconcertante. As miradas non se atopan e os personaxes aparecen tan inmóbiles como os obxectos que os rodean.
A composición pódese cualificar de excelente. Todos os obxectos que están arredor da ancián forman unha curva helicoidal.o lado dereito, ocupado pola vella cuberta cun pano claro, forma un contrapunto á escuridade da esquerda, grazas á brancura do prato, a xerriña e o ovo da man esquerda. A pequena natureza morta da mesiña (morteiro, cebola, xerro, xerriño con prato e coitelo) é moi delicada. Toda a composición adopta unha forma oval. O cromatismo é perfecto, baseado en acordes cromáticos moi próximos e os fortes contrates entre a luz e a sombra sitúanno no naturalismo tenebrista. O experto en Velázquez, Camón Aznar dirá desta obra en 1964 “Velázquez consegue neste lenzo aunar a claridade cristalina de cada cousa exenta na súa dureza, cunha prodixiosa sensación de unidade”.
Bibliografía:
Camón Aznar, José: Velázquez. 2 vols. Madrid, 1964
Gallego, Julián. Velázquez en Sevilla. Sevilla, 1974
Velázquez. Madrid, 1990.
Para saber máis podedes consultar Mirar Velázquez ou este vídeo.
2 comentarios:
Desde hace tiempo que este cuadro me llama la atención,tanto por la composición como por el cromatismo...ambos son perfectos.
Una de las obras de Velázquez que más me gustan.
Xa sabes outro dos meus favoritos: a etapa sevillana de Velázquez.
Alégrome de que tamén te guste.
Publicar un comentario