A FACHADA DA BASÍLICA
O arquitecto Carlo Maderno foi o gañador do concurso formulado para rematar as obras da basílica. Construída entre 1607 e 1614, tras rexeitar a forma de cruz grega, Maderno deseñará un fachada monumental, superior en tamaño (7.000 metros cadrados) á propia basílica. Sobre a mesma está colocadas treces grandes estatuas, de seis metros cada unha, que representan a Cristo, san Xoán e aos apóstolos, agás san Pedro, que xa ten outra estatua na propia praza. Conta con oito columnas de orde xigante, de máis de 27 metros de altura e case tres de diámetro. Conta cunha clara tendencia horizontal e, a pesar disto, anula gran parte da potencia visual da cúpula de Miguel Anxo.

O BALDAQUINO DE SAN PEDRO 
Por encargo de Urbano VIII, Bernini constrúe en 1624, empregando o bronce do Panteón (Quod non fecerunt barbari fecerunt Barberini). É unha obra de mobilidade extrema. Trátase dun gran palio permanente sustentado por catro columnas salomónicas, de fustes con decoración vexetal e chapiteis corintios, apontoadas en catro podios. Foi realizado para ensalzar un dos lugares máis importantes da cristiandade: a tumba de Pedro, baixo a gran cúpula de Miguel Anxo. As columnas torsas, semellantes ás do templo de Salomón en Xerusalén, resalta a figura de urbano VIII como moderno Salomón da cristiandade, e a Roma, como a nova Xerusalén, triunfante sobre o protestantismo.

A COLUMNATA E PRAZA DE SAN PEDRO

Para lembrar o conxunto da obra, podedes contemplar este vídeo do magnífico portal Artehistoria.
2 comentarios:
Fascinante información la del Vaticano,estuvo muy interesante el video.(tanto la fachada como la columnata)Sin duda este post me ayudará posteriormente.
Siento comunicarte que el baldaquino de San Pedro me parece que estropea la estética interior,es horrible...
Creo que xa coñeces a miña opinión sobre este templo. Todo é demasiado grande, demasiado luxuso. Todo demasiado ostentoso. Ata o baldaquino é demasiado...
Publicar un comentario