Esta igrexa, ademais de estar ubicada na fermosa e restaurada
“Un monxe de Aurillac celebraba misa nesta capela cando un paisano ascende ao Cebreiro para a misa no medio dunha forte treboada. O monxe celebrante, de pouca fe, menospreza o sacrificio do labrego. No intre da consagración o monxe percibe como a hostia convértese en carne sensible á vista, e o cáliz en sangue, que ferve.” En 1486, Os Reis Católicos, peregríns a Compostela, hospedáronse cos monxes, contemplaron a milagre e doaron o relicario onde se gardou a milagre ata os nosos días.
A capela de san Bieito, na nave norte, está dedicada a este santo en lembranza ao monxes benedicitiños que edificaron e custodiaron a igrexa desde o ano 836 ata 1853. Os monxes de Aurillac, chamados por Afonso VI, permaneceron no Cebreiro desde 1072 ata 1487, data na que os Reis Católicos obtiveron do Papa a desmembración do Cebreiro de Autillac e a súa anexión a san Bieito o Real de Valladolid. Os monxes de san Bieito
Debido ao seu estado ruinoso, en 1962 comezaron as obras de restauración.
Na actualidade é unha igrexa de planta basical, con tres naves e tripla cabaceira rectangular, cuberta a dúas augas e de madeira nas naves e de bóveda de canón con arcos faixóns nas cabeceiras. As naves están separadas por fortes piares.A cabeira sur e a central están unidas por un arco oxival. No exterior destacan a súa robusta torre e os poderosos contrafortes.
1 comentario:
Gracias por la información,es sumamente interesante.
Publicar un comentario