Giorgio Vasari. Las vidas de los más exclentes arquitectos, pintores y escultores italianos desde Cimabue a nuestros tiempos. 1550
Ese mesmo ano (1417), os Custodios de Santa María del Fiore e os Cónsules da Arte da La convocaron unha asemblea de arquitectos e enxeñeiros da cidade para deliberar sobre a mellor forma de construír a cúpula.
(...) Pero un día (Brunelleschi) que escoitou falar de que se convocaría aos enxeñeiros para a construción da cúpula, plantexou volver a Roma, convencido de que gozaría de maior reputación se se o tiñan que ir buscar fóra que se se quedaba en Florencia.
O ano 1420 reuníronse en Florencia todos ese mestres ultramontanos, da Toscana e todos os enxeñosos artistas do deseño florentino, e, así, Filippo volveu de Roma. Reuníronse todos na obra de Santa María del Fiore, cos Cónsules, os custodios e xunto a un selecto grupo dos máis enxeñosos cidadáns, para que todos escoitaran as ideas sobre esta obra, e se puidera resolver o xeito de construír a cúpula; déuselles audiencia de un en un e foi escoitado o plan de cada arquitecto. (...) Filippo foi o único que dixo que se podía levantar a cúpula sen tantos madeiros, sen pilastras nin terra, con moito menor gasto do que implicaban tanto arcos e moi sinxelamente sen armazón.
Os Cónsules, que estaban esperando un gran método, os custodios e os resto dos cidadáns creron que se trataba dunha broma, e se burlaron e riron del, e lle pediron que falase doutra forma, e se esa era propia dun tolo, que é o que el mesmo era. Filippo, ofendido, dixo: “Señores, considerade que non é posible elevar a cúpula doutro xeito que non sexa esta; e, aínda que vos riades de min, decatarédesvos de que nin se debe nin se pode facer doutro xeito. Para que se constrúa tal e como teño pensado, debe ser trazada coa curva dun arco de cuarto de punto, e debe facerse dupla, unha cúpula interior e outra interior, de xeito tal que se poda camiñar entre a unha e a outra. E sobre as esquinas dos ángulos das oito caras débese encadear a fábrica en todo o seu grosor mediante perpiaños e de forma semellante rodeala por todas as súas caras con tirantes de madeira de aciñeira.”
Para máis información sobre esta sobranceira obra podedes clicar sobre Artehistoira, sobre Educared, ou en Enseñ-arte. Tamén podedes ver o seguinte vídeo.
2 comentarios:
Te doy las gracias por los halagos,para mí es todo un honor poder formar parte de Iniciarte.
Sara, o fantástico é compartir a paixón pola arte.
Publicar un comentario