Esta entrada serve como tarefa do curso "Ambientes personais de aprendizaxe e redes sociais na educación".
Antes de que leades o seguinte texto e vexades as fotos,
gustaríame facer uns pequenos apuntamentos persoais:
Pero… Cando foron esculpidas estaban policromadas e foron deseñadas para estaren colocadas a varios metros de altura polo que non as estamos contemplando como cando foron feitas hai vintecinco séculos. Tamén gustaríame que as pezas puideran ser contempladas pola súa parte traseira, tal é como se pode facer no Museo Británico coas pezas dos frontóns do Partenón, para poder estudalas na súa complexidade.
Introdución
-As
pezas están expostas nunha sa realmente grande, á altura da importancia
histórico-artística do conxunto escultórico cunha iluminación magnífica.
-As
pezas están expostas á altura dos visitantes para que as podamos apreciar en
toda a súa magnificencia.
Pero… Cando foron esculpidas estaban policromadas e foron deseñadas para estaren colocadas a varios metros de altura polo que non as estamos contemplando como cando foron feitas hai vintecinco séculos. Tamén gustaríame que as pezas puideran ser contempladas pola súa parte traseira, tal é como se pode facer no Museo Británico coas pezas dos frontóns do Partenón, para poder estudalas na súa complexidade.
A principios do século V a.C. Clístenes instaurou a
democracia en Atenas, e Grecia, trala dramática experiencia das Guerras
Médicas, fortaleceuse coas vitorias
sobre os persas, que determinaron a traxectoria da nación grega e tamén da
civilización occidental en xeral. Estes conmovedores acontecementos afectaron
directamente á vida social, política, relixiosa e cultural dos gregos, que en
diante afrontan a vida de forma diferente. Entón comeza, tamén para a arte, o
período máis brillante de creación. A inmobilidade das figuras desaparece e o
seu lugar ocúpao un movemento cheo de harmonia e vivacidade. O indiferente
sorriso arcaico pérdese e os rostros adquiren unha expresión seria, sobria, que
manifesta introversión e recollimento. A Época clásica temprana (480-450 a.C.),
durante a cal aparecen estes cambios, é coñecida como o “estilo severo”, e
constitúe o anuncio das obras mestras da Época clásica.
Na sala central do Museo de Olimpia alóxanse as mostras máis
soberbias do estilo severo da arte grega: a decoración escultórica do templo de
Zeus, que se realizou en dúas composicións de frontón compostas por 42 figuras,
nunha ducia de metopas cos traballos de Heracles e nas gárgolas en forma de
cabeza de león do tellado, todas elas talladas en mármore de Paros.
Frontón oriental
Para decorar o frontón oriental os eleos escolleron un mito
local, a carreira de carros entre o rei de Pisa Enómao e o príncipe lidio
Pélope. Trátase da única representación deste mito na gran plástica. A
composición está constituída por 21 figuras, que cubrían a superficie do
frontón triangular (de 26,39 metros de lonxitude e 3,47 metros de altura
máxima). A representación narra o momento anterior ao comezo da formidable
competición.
No centro, o señor do santuario e xuíz invisible, Zeus,
levaba na man dereita un raio. Está rodeado polos personaxes centrais do mito,
a parella Enómao-Estérope e Pélope-Hipodamía.
Á dereita de Zeus, Enómao, con casco, tiña unha lanza na man
esquerda. Ao seu lado, a súa muller Estérope ten un brazo dobrado no peito e o
outro quizá cara ao queixo, nun movemento que revela a súa angustia polo
resultado da carreira. Diante dela, Mírtilo axeonllado, fillo de Hermes e
auriga de Enómao, ou segundo outros palafrenero. Segue a cuadriga do rei de
Pisa, da que se conservan os catro cabalos. Detrás destes, o auriga tomou o seu
posto, listo para a saída. Segundo a opinión de certos estudosos esta figura pertence
a Mírtilo. Despois hai un adiviño de xeonllos (quizais Clitio ou Amitaón) e no
ángulo do frotón aparece indolentemente tombado Alfeo, o río sagrado de
Olimpia.
Á esquerda de Zeus, o novo príncipe Pélope, con casco,
levaba unha lanza na man dereita, escudo na esquerda e está representado
espido, con corpo forte. Ao seu lado Hipodamía levanta coa man esquerda o peplo
dórico, co coñecido e característico movemento da escena nupcial do
“desvelamiento”. Diante está, de xeonllos, a súa sirvinta.
Seguen os catro cabalos da cuadriga de Pélope e, detrás
destes, a asombrosa figura dun ancián que mira, cara ao centro, aos
protagonistas do mito.
Trátase de Iamos, ou de Amitaón, ou de Clitio, o ancián
adiviño do santuario. A súa expresión, chea de recollimento, xorde da súa
capacidade adivinatoria que lle permite coñecer que esta vez vencerá o mozo e
non o seu rei. Coa man esquerda apoiábase nun bastón mentres que coa dereita
sostense a cabeza. O artista reproduce o envellecido corpo e o inquedo rostro,
coa fronte engurrada, de forma singular.
A continuación vén a figura dun mozo que, axeonllado, mira
cara aos espectadores xogando co dedo do pé. No ángulo do frontón, a figura
tombada pertence a Cládeo, o outro río de Olimpia.
Toda a composición estaba acentuada con ricas cores que non
se conservaron e completábase co armamento de bronce dos heroes e os carros,
tamén de bronce, dos que tiraban os cabalos.
Trátase, quizais, da composición máis completa,
iconográficamente falando, da arte grega, con todas as persoas do mito
presentes. O artista realmente creou unha gran obra, pois coas 21 figuras
logrou reflectir do mellor xeito os preparativos do duelo entre Pélope e Enómao
e, ao mesmo tempo, situar ao espectador no mito tanto espacial como
temporalmente. Ao representar aos dous ríos sagrados nos ángulos do frontón,
manifesta que o comezo da competición ten lugar en Olimpia, que se atopa entre
ambos. Cando representa ao auriga detrás do carro de Enómao quere dicir que en
breve vaise a dar a saída da terrible carreira. A expresión adusta dos rostros
e as figuras inmóbiles dos protagonistas reflicten a angustia, a ansiedade e a
inquietude polo dramático final.
A disposición das figuras no frontón foi obxecto de
larguísimos estudos e discusións entre os investigadores. Na presente
exposición colocáronse de acordo coa posición en que se atoparon diante do
templo e as dimensións das mesmas. Segue existindo certa controversia sobre a
posición das dúas parellas, de Enómao-Estérope e Pélope-Hipodamía, á esquerda
ou a dereita de Zeus, e en canto á identificación das dúas divinidades
fluviales.
A composición é unha obra mestra tamén desde o punto de
vista artístico. O seu creador, asimilando as investigacións dos séculos
anteriores, enmarca de modo excepcional as figuras no esquema triangular do
frontón, onde predominan os eixes verticais e horizontales que crean as figuras
ergueitas, arrodilladas e tombadas.
No recuncho da esquerda exponse un fragmento da inscripción
dos lacedemonios, que se cita no escudo de ouro que dedicaron ao templo logo da
súa vitoria en Tanagra (457 a.C.) sobre os atenienses, os argivos e os xonios.
Texto procedente de Olimbía Vikatu. Olimpia. El
emplazamiento arqueológico y los museos. Atenas, Ekdotiké, 2006.
Máis información na Wikipedia, en Artehistoria e na UDC.
Máis información na Wikipedia, en Artehistoria e na UDC.
Fotografías de Iniciarte (febrero 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario