5/10/15

Kouroi xemelgos


Preto do tesouro dos atenienses de Delfos atopáronse as estatuas de dúas kouroi, que datan de principios do s. VI a.C. De 218 e 216 centímetros de altura, atópanse entre as máis antigas esculturas gregas de mármore, xa que están datadas entre os anos 610-580 a.C. 

Trátase de dúas obras mestras da arte arcaica, procedentes con toda probabilidade dalgún obradoiro do Peloponeso. Unha inscripción no pedestal conserva as últimas letras do nome do escultor, que probablemente fose Polimedes de Argos. Este feito conduciu á hipótese de que ambas estatuas representasen aos irmáns Cleobis e Bitón, que foron honrados en Argos como heroes. 

De acordo coa tradición, conduciron o carro da súa nai, Cidipe, desde a cidade de Argos ata o templo de Hera, a uns oito quilómetros de distancia. Entón Cidipe, sacerdotisa de Hera, pediu aos deuses que a concedesen aos seus fillos o maior dos bens. Aqueles regaláronlles unha morte doce mentres durmían. O historiador Heródoto refire que os argivos ofreceron a Delfos as estatuas dos dous herois. Algúns investigadores consideran que se trata doutros dous irmáns, os Dióscuros Cástor e Polideuces (Pólux), que eran especialmente venerados no Peloponeso. Esta opinión baséase nunha inscripción na coxa dunha das esatutas, na cal os escavadores recoñeceron o nome de Polideuces. Sexa cal for a súa identidade, as estatua impresionan polo dinamismo do seu movemento e expresión. Os corpos robustos, os enormes ollos expresivos, a fronte estreita e os beizos voluptuosos son características que se atopan nos talleres do Peloponeso. 

Texto procedente de Delfos. El sitio arqueológico y el museo. Atenas, Xaitali, 2008. 

A Wikipedia cóntanos que: Foron descubertos nas escavacións arqueolóxicas de 1893-1894, ao noroeste do Tesouro dos atenienses, a uns dez metros de distancia unha estatua doutra. Consérvanse actualmente no Museo Arqueolóxico de Delfos.

Fotos de Iniciarte.

No hay comentarios: