14/5/09

Le Corbousier, mestre da arquitectura contemporánea (IV): a Vila Savoia

Lede con atención o que di Giulio C. Argán sobre a obra mestra da arquitectura do XX:
"A Vila Saboia é un dos puntais do racionalismo arquitectónico europeo; e non é máis que un paralepípedo branco suspendido no aire por uns áxiles alicerces (pilotis) e apoiado nun corpo máis pequeno que el, escuro, e case oco a causa do efecto das cristaleiras. O corpo superior está alixeirado polas fiestras continuas que o dividen en franxas paralelas desiguais pero proporcionais. A vila está no calvero dun bosque; Lê Corbousier puxo “a casa na herba como quen deixa un obxecto, sen estragar nada”; e proxectouna como unha serie de niveis paralelos ao chan para dar, desde o exterior, a sensación dun volume baleiro e articulado.

Posto que a vivenda está no piso superior, o xardín está ao seu nivel, suspendido a tres metros e medio do chan. A cobertura do edifico utilízase como solarium, con paredes de protección curvadas sobre as cales a luz ten modulaciones de claroscuro. O mesmo Le Corbousier precisa: “os catro lados de fachada son pura e simple función, desde o momento en que deixan pasar a luz e permiten ver a paisaxe”. En realidade, as catro fachadas son como a superficie dun cadro, un plano máis aló do cal ábrese un espazo imaxinario. Aínda que a primeira vista é tan sinxelo, non se chega a captar o valor de pura forma xeométrica se non se ten en conta a súa estrutura interior: o movemento das paredes do solarium, o baleiro do xardín interior, as oblicuas das ramplas, a cavidade en penumbra dos espazos baleiros da planta baixa e o contraste plástico e de luz que hai entre estes volumes baleiros en penumbra e a gran luminosidade dos volumes do piso superior. E nótese que os espazos baleiros que hai tras os pilotis teñen función de acceso, de maneira que quen chega en coche faio directamente ao interior, ao corazón da construción.

Le Corbousier confire a esta comodidade práctica unha importancia decisiva en toda a construción. E ten razón. Así destrúe a mentalidade clasista pola que unha casa de campo era un lugar privilexiado, unha forma que se situaba na paisaxe e cualificábao, un acto arquitectónico que coroaba a beleza da natureza; só con vela desde fóra daba a medida do alto rango social, a cultura clásica e o bo gusto dos seus propietarios. Para Le Corbousier un chalé é un lugar no que se vive e desde o cal vese a paisaxe; ten os seus espazos sabiamente adaptados ás formas de vivir e ten ata un xardín a nivel das habitacións, integrado na construción; o espazo natural exterior é horizonte, e tal como se inscribe no corte horizontal da cristaleira corrida. Todo o interese do arquitecto reside en establecer unha ecuación entre dúas dimensións do mesmo espazo e entón a casa é unha mediación funcional -poderíase dicir que é un transformador de intensidades luminosas e magnitudes espaciais- entre o ambiente íntimo, vivo, consustancial á vida ordinaria e o ambiente libre e dilatado dunha paisaxe ao que a construción, respetuosamente, non turba.
Nesta fase, Le Corbusier aínda está baixo a influencia do Cubismo; próbao a compenetración da casa-obxecto co espazo, a comunicabilidad de interior e exterior, a resolución do movemento distribuitivo ou descompositivo das habitacións no plano plástico das fachadas (ou, como máis exactamente di o artista, da fachada, xa que de feito trátase dunha única fachada de catro lados que se identifica con toda a superficie do bloque). Vila Sabioa está no espírito, máis que de Picasso, de Gris e das obras de Braque posteriores ao 20, cando da descomposición dos planos do espazo renace, ou se deduce, un obxecto que non é símbolo senón criatura do espazo. Pola mesma razón, a vila é case unha nítida cristalización do espazo, onde o seu ritmo luminoso cambia de frecuencia pola intervención dun factor humano."
Giulio Carlo Argan. El arte moderno. Vol II. Valencia, Fernado Torres, 1977, pp. 512-524


Created with Admarket's flickrSLiDR.
De entre os innumerables recursos web que hai sobre esta vila non deixedes de consultar a información aportada por Enseñ-arte, as fotos do concello de Poissy onde se asenta ou estes planos e fotos dunha páxina en inglés.

3 comentarios:

Pilar Álamo dijo...

Pude visitar la villa Saboya hace unos años.
Fuimos en tren desde París a Poissy y resultó un acierto poder aspreciar tranquilamente la obra de este arquitecto.
Quizás una de las cosas que más me sorprendió fue el baño, su diseño me pareció muy curioso, con una zona de bañera muy amplia.
Otra de las cosas que me llamó la atención fueron los interruptores y el sistema de luces originales que se habían conservado.

Lo más impresionante, el salón, abierto al exterior.Y las azoteas,el grandísimo ventanal, sus terrazas, su ventana corrida...
y un paisaje maravilloso y verde muy verde.
Un saludo

Antonio Martínez dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Antonio Martínez dijo...

Que envidia, Pilar.