27/1/09

O Bosco: O Tríptico das Delicias (I)

Tríptico das Delicias ou A pintura do madroño. O Bosco. Óleo sobre táboa, 220 x 195 (pechado) e 220 x 389 (aberto). Museo de El Prado.

O conxunto presenta no exterior, cos postigos pechados, a Xénese do mundo (220 x 195) realizada en grisalla, no terceiro día do relato cristiá da creación do mundo, segundo senllas inscricións da propia táboa “El mesmo o dixo e todo foi feito” e “El mesmo o ordeou e todo foi creadoXénese (1:9-13) O tríptico aberto contrasta fortemente, fronte á grisalla do exterior, polo súa cor e cos tres paneis distribuídos en planos superpostos, grazas á elevación da liña do horizonte

No interior temos o Paraíso terreal onde figuran en primeiro te
rmo a creación de Eva, o Xardín das delicias e o Inferno musical.

É unha obra de carácter moralizante, non carente de pesimismo, sendo unha das creacións máis enigmáticas, complexas e fermosas de O Bosco, realizada na última etapa da súa vida. Nesta obra o artista insiste no efémero dos praceres pecaminosos, sendo o pecado o punto de unión entre as tres táboas: o pecado de Eva, os praceres terrenais e o castigo. Foi adquirida na almoeda do prior don Fernando, fillo natural do gran duque de Alba. Filipe II levouna ao Escorial en 1593.

As buscas temáticas, iconográfica e técnicas de O Bosco rematan ou culminan no Tríptico das Delicias ou tamén chamada durante anos na catalogación museística española como a “Pintura do madroño” pola gran cantidade de veces que aparece este froito. É un tríptico que pechado podemos ver a “Xénese do mundo”, imaxinada coma unha paisaxe incluída nunca xigantesca esfera de cristal (a Terra como resultado dun experimento in vitro no laboratorio dun alquimista). Esta esfera contribúe por si mesma a relegar a latitudes irreais unha paisaxe real, anguriosa.

O tríptico aberto reitera nos seus tres elementos o tema da impía demencia da humanidade, aínda que o seu núcleo o constitúe agora a luxuria en lugar da codicia do Carro de Palla: desde a Creación de Eva, orixe do mal, pasando polo Xardín das delicias, onde a humanidade abandóase aos praceres carnais, ata a condenación no Inferno musical.

Unha novidade iconográfica é a presentación do vicio baixo formas agradables e non repugnantes, co estandarte ideal dun Lucifer en posesión
do seu esplendor orixinario; e o recurso, para documentar con acerto incensurables aspectos do pecado (normais, ou como se dicía hai tempo “antinaturais”), de símbolos que parecen anticipar a Freud ao escoller formas que se revelaron como “constantes” do noso subconsciente.

Respecto á inmensa amplitude da visión, realizada mediante planos xustapostos que a fan ficticia, pódese falar xustamente dun “espazo onírico” o que intensifica a dimensión fantástica desta obra. De acordo con isto, a morbosa voluptuosidade do Inferno, que leva a termo dun xeito inesperado aínda que en forma rigorosamente consecuente, unha alegoría do mal onde o intento moralizante concrétase unha contemplación lírica.

Aproveito esta entrada para xogar co novo recurso que nos ofrece Google Earth: a posibilidade de admirar con enorme detalle 14 obras do Museo El Prado.



Bibliografía: El Bosco. Maestros de la pintura. Noguer-Rizzoli, 1973
Ficha: Museo de El Prado
Esta obra na Enciclopedia del Museo del Prado.

6 comentarios:

Ana dijo...

Me encanta El Bosco. De hecho tengo algo semipreparado para hacer una entrada en mi blog. Es una obra a la que regreso cada vez que voy al Prado, pero entre la cantidad de gente que la contempla y lo minuciosa que es, no logré apreciar todos sus detalles in situ. Siempre los disfruté a través de monografías y ahora con la sensacional intervención de Google Earth.
Enhorabuena por la entrada...¡Te has adelantado!
Saludos

Sarinsky dijo...

A mi también me encanta el Bosco!!!
Cuando ví este tríptico en el Prado se me iluminaron los ojos...y la mesa de los pecados capitales es una pasada!!

Saludos"

Antonio Martínez dijo...

Se vos gusta O Bosco: mañá e pasado máis.

Duncan de Gross dijo...

Preciosa entrada Antonio, El Bosco se la merece!! ;-)

luis dijo...

"Unha novidade iconográfica é a presentación do vicio baixo formas agradables e non repugnantes, co estandarte ideal dun Lucifer en posesión do seu esplendor orixinario". Penso que tes razón, so falta razoar por qué; tamén no Paradiso hai moitos sinos do Mal, e ten un fundamento. Eu tamén me intereso por Bosch. Invítote ó meu blog: boscomania.wordpress.com

Antonio Martínez dijo...

Grazas polo comentario, Luis. Pasoa facer unha ligazón ou teu interesante blog. Saúdos.