3/9/08

O Mosteiro dos Xerónimos de Lisboa


Case nas aforas de Lisboa, no barrio de Belem, atópase unha das denominadas Sete Maravillas de Portugal: O Mosteiro dos Xerónimos. Foi construído a partir de 1502, por orde do rei Manuel I, para conmemorar a chegada de Vasco de Gama, aínda que hai autores que negan isto. É de estilo manuelino, é dicir unha mestura recargada do gótico final e do renacemento máis plateresco.


Dentro do conxunto, podemos destacar a fachada sur (de inspiración gótica, consta de dous corpos, e destaca o gran arco conopial), xa que a occidental non loce como se merece, o interior da igrexa (unha soa e ampla nave) e o magnífico claustro (con abundante decoración manuelina e desde o que se pode acceder ao coro da igrexa). No interior do edificio atópanse enterrados varios reis de Portugal así como están as tumbas, xa que non os desaparecidos corpos, de Vasco de Gama e do poeta Luís de Camoes (moi apreciando na actualidade pero esquecido cando vivía e ten a sorte de ter dúas tumbas en institucións portuguesas) Tamén, e desde 1985, están os restos do admirado Fernando Pessoa.

O mosteiro está declarado Patrimonio da Humanidade xunto coa Torre de Bélem, situada na súa proximidade (afortunamente non foi incluído o Monumento aos Descrubrimentos)


Podemos salientar que foi aquí onde se asinou o Tratado de Lisboa da Unión Europea.



Fotos: Iniciarte.
Tamén podedes ver este caseiro vídeo.


3 comentarios:

Sarinsky dijo...

Magnífico post!! Me ha llamado mucho la atención el hermoso claustro de ese monasterio, es realmente bonito. (aunque todo el conjunto es alucinante)

Por cierto, tu también tuviste una parte artística de tus vacaciones :D

Besos de bienvenida!!

Antonio Martínez dijo...

Máis que unhas vacacións artísticas foron familiares e infantís, polo que de arte e museos ... pouco, pouco.

Luis dijo...

La hostia, qué bonito!