22/10/07

Arte na rúa



O escultor alemán, de orixe polaca, IGOR MITORAJ, está expoñendo algunhas das súas obras na Praza de María Pita na Coruña.

Este escultor, viaxeiro incansable, ten exposto nas principais cidades de todos os continentes, sendo un dos máis salientables artistas que amosan as súas obras na rúa.

Igor Mitoraj recuperou o espírito da arte grega, romana e do renacimento. As súas obras monumentais inspíranse nos temas da historia e da mitoloxía e os reinterpreta desde unha perspectiva contemporánea.

Imaxes enigmáticas de deuses e heroes toman a coruñesa praza de María Pita e presentan a súa enigmática existencia á cidadanía. Aínda que se trata de obras de recente creación, teñen a apariencia de pezas arqueolóxicas e nos lembran a persistencia, baixo a modernidade actual, dos grandes temas que preocupan á humanidade: a razón, a espiritoalidade, a violencia ou a beleza.

Estas obras xa foron expostas en Varsovia, Roma, Venecia e París.

¡Disfrutemos da arte na rúa!

3 comentarios:

Sarinsky dijo...

La representación de las esculturas en la Plaza de Maria Pita me sirvió para comprender mejor el arte y las esculturas griegas.Sobre todo la escultura que tenia forma de cara gigantesca,que parecia que estaba desgastada debido a las grietas que tenia.También destacan figuras con cuerpos de estilo clásico.
En mi opinión estuvo bastante bien poder ver unas esculturas de este tipo.

Luis dijo...

As obras escultóricas de IGOR MITORAJ baséanse na grega clásica e na arte romana, representando a beleza do home vista dun modo racional.

As figuras representan deuses e heroes mitolóxicos que representan o valor e o talante deses seres. As medidas son esaxeradas para denota-la divindade dos personaxes.

Teñen un efecto de desgaste moi logrado que pretende simular o paso do tempo.

A exposición é moi recomendable tanto para o amante da arte, como para todo o que queira aprender algo sobre a cultura greco-romana.

Luís.

Maria dijo...

As esculturas de Maria Pita son copias das gregas e estaban desgastadas para parecer feitas na Grecia antiga.
Pareceume moi interesante,chamoume a atención o tamaño e a forma de representar os deuses e heroes. As que mais me gustaron foron as que tiñan ás.A exposicion podía ser vista non so polos que entendan de arte senón tamén para calquera que tivera curiosidade ou que pasará por alí.