17/2/13

World Press Photo 2012


O fotógrafo sueco Paul Hansen gaña o World Press Photo A imaxe elixida mostra a desesperación de dous homes cos cadáveres de dous nenos en brazos O fotógrafo sueco Paul Hansen alzouse este venres  (15-II-13) co primeiro premio da edición do 2012 do 56ª edición World Press Photo, o certamen de fotoperiodismo máis importante do mundo, por unha instantánea que mostra a desesperación dun grupo de homes no funeral dunha familia por unha rúa de Gaza. 

O español Bernat Armangué, fotógrafo da axencia de noticias estadounidense Associated Press, foi recoñecido co primeiro premio na categoría de serie de fotografías que contan unha historia, por varias imaxes que captan a dor da poboación de Gaza pola escalada de violencia entre palestinos e israelís o pasado mes de novembro. 

A fotografía de Hansen, fotógrafo no xornal sueco Dagens Nyheter, mostra a un grupo de homes abatidos pola morte de dous pequenos e o seu pai, cuxos cadáveres son levados aos ombreiros de camiño a unha mezquita para celebrar o enterro. Os nenos, dous irmáns de dous e tres anos de idade, aparecen amortajados en primeiro plano, mentres que por detrás séguelles o corpo do seu pai. Os tres morreron ao quedar a súa casa destruída nun ataque israelí con misiles, en tanto que a nai foi ingresada en coidados intensivos. A fotografía ganadora foi tomada o pasado 20 de novembro na cidade de Gaza. 

O texto é da axencia EFE e foi publicado na Voz de Galicia onde poderedes atopar máis información sobre cada unha das seguintes fotografías:

No hay comentarios: