O
premio anual World Press Photo é unha clara referencia universal para os
reporteiros gráfico. Este ano o premio recaeu no español Samuel
Arandas. O fallo do xurado levou a cabo na 'World Press Photo office',
onde todas as entradas preséntanse de forma anónima ao xurado, que
discute e debate os seus méritos durante un período de dúas semanas. O
xurado opera de forma independente e un secretario sen dereito a voto da
as garantías dun procedemento xusto. A estes galardóns concorren
fotógrafos de prensa profesionais, reporteiros gráficos e fotógrafos de
documentais de todo o mundo. En total, 5.247 fotógrafos de 124 países
participaron este ano con 101.254 fotografías.
A fotografía de Samuel Arandas retrata a unha muller sostendo a un familiar ferido durante as protestas contra o presidente Saleh en Sanaa, Iemen.
Os comentarios sobre a foto gañadora polo xurado foron os seguintes:
- Koyo Kouoh: "É unha foto que fala por toda a rexión que representa o Iemen, Exipto, Tunisia, Libia, Siria, por todo o que sucedeu na primavera árabe, pero que mostra un lado privado, íntimo do que pasou... e mostra o papel que as mulleres desempeñaron, non só como coidadoras, senón como persoas activas no movemento. "
-Nina Berman: "Nos medios de comunicación occidentais, que de cando en cando ven mulleres con veo deste xeito, nun momento tan íntimo, é coma se todos os acontecementos da primavera árabe deu lugar a este momento único - en momentos como este."

Créditos do texto e da imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario