13/9/21

Dolmen de Moruxosa ou Forno dos Mouros (Toques, A Coruña)



Antes de chegares a esta espectacular anta, pódese contemplar unha mámoa duns cinco metros de diámetro e case dous de altura, 




Trátase dunha pequena anta, da que o seu cámara posúe estrutura poligonal tendente a circular cunha pedra cobertora monolítica e sen vestixios do corredor de entrada orientada cara ao suroeste. Conserva seis esteos e a tampa está apoiada en tres deles. O esteo número seis atópase apoiado na tampa oblicuamente e sobresae por encima dela, polo que é fácil supoñer que non está na súa posición orixinal. Está pintado case na súa totalidade, con liñas en zigzag, dispostas  horizontalmente, alternándose as liñas en vermello coas de cor negra. Achouse un vaso campaniforme que se converteu nunha excepción nos xacementos  megalíticos galegos.



A técnica de construción desta cámara é semellante á doutras coa súa forma. En principio abriuse en buraco circular no chan e coa terra extraída formouse un terraplén que serviu de axuda para a colocación das laxas laterais na base das que se acumulou terra ata certa altura para asegurar a súa colocación, creando a continuación un plano inclinado que axuda a arrastrar a tapa ata o seu lugar. O material utilizado para as laxas é un xisto cristalino, abundante nese lugar.





Foi declarado Ben de Interese Cultural (15 de marzo de 2011)

 Durante algún tempo entrou na lista vermella do patrimonio pola deterioración progresiva e polo seu abandono. As pinturas da cámara mostraban un evidente risco de desaparición: entradas de auga que as afectaban e todas as laxas pintadas estaban cubertas de algas e fungos, elementos orgánicos sumamente perigosos en calquera ambiente para a conservación das formas pintadas.

 

Pinturas (na actualidade agochadas)

Motivo da retirada:

No verán de 2009 un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estivo a traballar na consolidación do dolmen quitando as vigas de ferro que sostiñan a lousa do teito. Ó mesmo tempo, un equipo da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, dirixido por Fernando Carrera, documentou as pinturas e dirixiu o seu tapado. O principal propósito da intervención conxunta era a mellora das condicións de conservación do monumento, especialmente para garantir a preservación futura das pinturas.






 Foi escavado por Jacobo Vaquero, da Universidade de Santiago de Compostela, entre 1987 e 1989.




Textos da Lista roja patrimonio e da Wikipedia.

Fotos: Iniciarte

No hay comentarios: